• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

REPRESENTACIÓN MUSICAL GALEGA NO BIME CITY 2019

REPRESENTACIÓN MUSICAL GALEGA NO BIME CITY 2019
2 AGOSTO 2019

Hai un galego na lúa... e na próxima edición do BIME PRO, cita que reúne cada ano a profesionais da industria musical en Bilbao, non haberá un, senón dous! Grazas a recente colaboración con AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais), dous artistas ou bandas galegas terán a oportunidad de presentar o seu traballo no BIME CITY.

BIME CITY é o escaparate para os talentos emerxentes máis prometedores de Europa e América Latina, un encontro para programadores de festivais, managers, periodistas e outros axentes do sector musical que visitarán a capital biscaíña os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.

A convocatoria para bandas galegas permanecerá aberta ata o 18 de agosto e as inscricións pódense realizar a través da seguinte ligazón 👉🏻 http://tiny.cc/qwxmaz Os showcases terán lugar as noites do 30 ou 31 de outubro nalgunha das sete míticas salas bilbaínas que participan no BIME CITY, con entrada de balde ata completar a capacidade estipulada por cada sala, aberta a profesionais e público xeral.

  noticias