PORQUE AÍNDA QUEDAN DÍAS DE VERÁN... E FINDES DE FESTIVAIS! SETEMBRO 2019
O último que queremos é ser augafestas pero... si, agosto remata mañá, setembro comeza o domingo e, en menos dun mes, o outono. Xa anoitece antes, comeza a refrescar, o plan de «praieo», «piscineo», «terraceo» e demais «–eos» estivais sen ter en conta o reloxo cambia por traballo, escola ou universidade.
Aínda así, deixámosche os seis festivais desta plataforma que se celebrarán durante o mes de setembro para que á volta a rutina non sexa taaaan dura. Elixe festi(s)... e estrea axenda!
Festival organizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que pretende vincular a música coa posta en valor do patrimonio histórico-artístico, mediante a celebración de concertos de música clásica e demais estilos musicais en diferentes e sorprendentes espazos de interese cultural das catro provincias galegas.
Cando?: Do 1 de setembro a o 6 de outubro
Onde?: Espazos distribuídos por toda Galicia
Quen?: Cantaderas • Dúo Fracanapa • Michael Schöch • Mateo Arnáiz • Rosalía Gómez Lasheras • L’Unisoni • Capella de Ministrers
Canto?: Concertos de balde e entrada libre ata completar capacidade.
Máis?: Espazos Sonoros ofrece un obradoiro de música antiga o 8/9 ás 12.00 h no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Ourense), ademais da proposta «Coñece o teu patrimonio», e a recuperación das súas roldas pola paisaxe organística galega. Inscricións a través de actividades@espazossonoros.org.
Máis que un festival, Ameixa Rock é unha festa de música rock onde, nun entorno mariñeiro como é Carril, mestúrase a música con actividades lúdicas para todas as idades.
Cando?: 6-8 de setembro
Onde?: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
¿Quién?:
Venres 6 Carnaval Rock – Duendeneta
Sábado 7 Sesión Vermú con Perfect Strangers • Malasömbra • Terbutalina • N.E.O. • TNT Band • DJ Barbitúrico
Domingo 8 Sesión Vermú con The Velvet Crab
Canto?: De balde!
Máis?: Para ir abrindo boca, Ameixa Rock celebrará unha festa de carnaval de temática musical xunto con La Duendeneta, o venres 31 na praia da Cobacha, e haberá agasallos para os disfrazados! Para os máis pequenos, o venres e sábado a Praza da Liberdade acollerá espectáculos circenses a partir das 19.00 h. Nesta nova edición, o Ameixa segue a ofrecer rutas guiadas a Cortegada, con prezo especial-festival para as que é preciso facer reserva previa, as Olimpiadas Mariñeiras e a Feira Solidaria.
«Benvidos ao Festival de la Luz, a miña casa, e estes días tamén a vosa casa»; así presenta Luz Casal este festival único e solidario para público de 0-99 anos con ganas de desfrutar da música, a gastronomía, as demostracións, o teatro, a granxa e as experiencias nun recinto onde reinan a natureza, a reciclaxe, a sostenibilidade e a innovación. O festival forma parte da marca Fest Galicia.
Cando?: 6-8 de setembro
Onde?: Boimorto (A Coruña)
Quen?:
Vernes 6 Celtas Cortos • Egon Soda • Kitai • RIFF-RAFF • Broken Peach• Basanta • Rafa Morcego DJ
Sábado 7 Luz Casal • Cepeda • GusGus • Delaporte • Putochinomaricón • Cariño • Molina Molina • Presumido • Diavlo • BFlecha • Holly Miranda • Banda de Música de Arzúa • Le Parody • Lemot • Boyanka Kostova • Cora Velasco • Las Antonias • Volver • Andhrea & The Black Cats • Allova • Santiaguiños de Boimorto • Lora • Os Liantes • Traspés
Domingo 8 Rayden • Orquesta Mondragón • Mikel Erentxun • Dead Combo • Amparanoia • Ángel Stanich • Arizona Baby • Floridablanca • Silvia Penide • Ortiga • Habitación Vudú • Playa Cuberris • Fredy Harmonica & The Concealers • Tiruleque • Reynier Aldana • As Netas de Maurizia
Canto?: Entrada de díapor 10 € mais gastos de distribución, abonos esgotados! A recadación deste ano repartirase entre a Asociación Anxiños de atención a nenos e adolescentes con trastornos mentais graves, para a contratación de persoal profesional de forma continuada; e ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia), que destinará os recursos ao seu programa psicosocial.
Máis?: Entre as actividades complementarias atópase o xa famoso Cultivando Deporte e a estrea do CaixaBank Rural Emprende, concurso que ten como obxectivo premiar a proxectos en marcha que implementen o medio rural no seu negocio. Ademais, o festival ofrece unha zona infantil para os pequenos festivaleiros e, como cada ano, o Mercado de la Luz reunirá os mellores produtos e servizos locais, xunto co Gastroespacio Mahou que «poñerá sobre os fogóns aos mellores chefs».
O Arteficial nace co obxectivo de potenciar novas actividades e mesturar diversas formas de expresión cultural desde o punto de vista de xente nova e desde unha postura actual e innovadora, atendendo así á demanda da xuventude en xeral.
Cando?: 7 de setembro
Onde?: Ribadavia (Ourense)
Quen?: Ambre • Meneo • Chicharrón • Lois • Trajano! • Dreyma • Isaac Pedrouzo • Za! • Deva
Canto?: Entrada simbólica e voluntaria de alimentos non perecedoiros ou bens de hixiene, sobre todo para nenos, en colaboración con Cruz Vermella O Ribeiro.
Máis?: Ademais da romaría de música e cultura alternativas, o Arteficial acolle outras actividades paralelas como o Colchoneta Film Festival, o Mercado das Sementes e Graffiti + Viño.
«Catorce anos e centos de conexións musicais, personais e culturais despois... Cantos na Maré reinvéntase». Así se presentaba a pasada edición de Cantos na Maré, o coñecido Festival Internacional da Lusofonía cambiaba o ano pasado de formato, un modelo con máis programación, aberto a estilos e a novos públicos. Mantendo a idea de conectar Galicia con outras culturas, Cantos na Maré celebra o seus 15 anos con nova imaxe, con nova data e como parte de Fest Galicia.
Cando?: 13-15 de setembro
Onde?: Pontevedra (Pontevedra)
Quen?: De momento só están confirmadas a caboverdiana Mayra Andrade o 14 de setembro e Enredadas (Martirio, Uxía, Carmen París, Ugia Pedreira + convidadas) o 15 de setembro.
Canto?: Abono xeral por 50€ máis gastos de xestión. Se queres ir a un concerto puntual: 18 € máis gastos de xestión.
Encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda coa música como motor principal, pero cunha clara vocación multidisciplinar, o WOS promove, a partir dun contexto íntimo, a búsqueda e difusión de novas propostas culturais. Música, artes visuais, cine, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita en mais de dez espazos emblemáticos de Santiago de Compostela: un teatro, tres museos, un cine, un mercado, tres salas de concertos e unha igrexa. O WOS Festival forma parte de Fest Galicia.
Cando?: 11-15 de setembro
Onde?: Santiago de Compostela (A Coruña)
Quen?: Amnesia Scanner • Bendik Giske • Bill Kouligas • Blanck Mass • Clara! • Deaf Center • Drew McDowall & Florence To • Electrógena • Elena Colombi B2B Olivia • Eli Keszler • Gazelle Twin • Harrga • Helm & Tatsuya Fujimoto • Kode9 • Lafawndah • Margarida Mariño • Marina Herlop • Mary Lattimore • Nihiloxica • Plaid • Rafael Anton Irisarri • Renick Bell • Vels Trio • Xiselr
Canto?: Abono Premium (acceso aos cinco días do festival) por 50 € (máis gastos) online ou por 60 € no despacho de billetes e Abono Weekend (de venres a domingo) por 40 € (máis gastos) online e 50 € no despacho de billetes. As entradas por día para o mércores, xoves ou domingo custan 15 € online (20 no despacho de billetes), e para venres ou sábado, 30 € online (40 € no despacho de billetes).
Máis?: Ademais da ruta turística, arquitectónica e artística pola cidade de Santiago de Compostela coa música alternativa como banda sonora, a programación do WOS inclúe outras actividades actividades complementarias como proxeccións cinematográficas, charlas ou coloquios, entre outras.