• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

APHONNIC: VICTORIA E GLORIA COROAN A TRAXECTORIA DA BANDA VIGUESA

APHONNIC: VICTORIA E GLORIA COROAN A TRAXECTORIA DA BANDA VIGUESA
3 FEBREIRO 2020

Con seis discos no mercado e unha traxectoria de case 20 anos, (vinte!), APHONNIC sempre buscou afastarse das etiquetas. Partindo do rock, os vigueses foron aumentando a potencia das súas guitarras e a velocidade dos seus ritmos ata converterse en referentes do metal patrio. Composta por Jesús «Chechu» Sanjuán (voz, letras), Alejandro «Alén» Alonso (batería, programacións), Iago González (guitarra) e Ricardo «Richi» Martín (baixo), a banda viguesa xa tiña experiencia previa á formación do grupo, no caso de Chechu [portavoz] desde «basicamente [os] 16-17 anos, metidos nun galpón berrando contra todo e contra todxs, entendo que é como comeza todo o mundo nisto da farándula»; unha experiencia que chegaba só uns anos despois do seu primeiro contacto coa música «con iso dos 13 anos escoitando Slayer, Metallica, Venom e un longo etc.».

 

A potencia dos seus directos e unha irresistible posta en escena, acompañada de samplers, fan que APHONNIC comece a destacar na escena local pouco despois da súa creación ata debutar no mercado discográfico con, nada menos, que un longo. Gravado en Mafia Records (Carballiño, Ourense) e mesturado e masterizado por Segundo Grandío en Casa de Tolos (Gondomar, Pontevedra) Silennce (PAI Música, 2004) presenta unha colección de nove temas aptos para todos os públicos, desde o máis agresivo ao máis divertido, cunhas letras que cantan sen andrómenas ao racismo, violencia de xénero e abandono animal, entre outros. Este debut levounos a compartir táboas con Sôber, KannoN, Terroristars, The Dismal, Boikot, ou Embrace Me Ocean e, un par de anos máis tarde, APHONNIC autoedita o seu segundo traballo, Foolproof! (2006), un álbum cun 90% de letras en inglés onde que a banda endurece, lixeiramente, o seu son incluíndo pasaxes hardcore e profundando na dureza dos riffs de guitarra; dez cancións e un bonus track que van desde o rap-metal de ‘Bienvenidos’, único en castelán cuasi-homenaxe ao vello rock, ata o psicótico ‘Confidence’ ou o hipnótico ‘Play’.

 

 

Como un rexurdimento do nü metal estatal, APHONNIC volvía a carga con 6 Bajo Par (2008), o disco co que apostan por unha maior explosión de letras en castelán nunca decena de cortes onde melodía y sentimento entremestúranse cun ritmo brutal, firme, máis definido. Unha vez máis, escoitamos unha marabillosa lírica baseada na realidade que nos rodea, por muy triste que esta sexa, en temas como ‘Dios Da’, hardcore agresivo para denunciar o consumismo do primeiro mundo, ou ‘Mamá Llora’, balada desoladora na que Chechu fai gala das súas calidades vocais e que, no seu día, foi definida como «a banda sonora da violencia de xénero» por un medio especializado. Ritmos acelerados, retrousos frenéticos, incrementos de intensidade, riffs contundentes e, por enriba de todo, unha cohesión xeneralozada, son as causas de que 6 Bajo Par sexa a gran obra coa que APHONNIC daba paso a unha nova era.

 

 

... unha nova era na que a banda de Vigo non se impuxo ningún tipo de límite e, disco tras disco, concerto tras concerto, aí seguen, subindo todavía máis o listón. En 2013, APHONNIC lanzaba a súa aposta máis ambiciosa, un afanoso traballo cun son pulido e perfilado nos prestixiosos estudios Poison Apple de Lisboa baixo a produción de Vasco Ramos e Dani Obenza, e mesturado polo norteamericano Paul Leavitt. Héroes (2013) é un LP contundente e firme, de produción moi elaborada, composto por 11 cortes brillantes, 11 pezas directas, emotivas e agresivas á vez, un álbum que «bebe das súas propias influencias desmarcándose das correntes máis populares». Novos rexistros vocais, guitarras milimetradas, cadencias impecables ou ecos de electrónica son algúns dos factores que converten roes nun traballo insuperable, unha xoia sonora de rock moderno que reflicte as ansiadas expectativas que o proxecto merecía, que se completa cun deseño e portada sublimes, obra de Ion Benítez inspirada no Capitán América.

 

 

 

roes marca un punto de inflexión cun resultado axiomático, un impulso na súa carreira musical acadado con esforzo e unha contribución por parte dos seus cada-día-máis-fieis siareiros que non para de medrar. E é que, logo de centos de concertos por todo o territorio estatal, roes sóbeos ao escenario do Resurrection Fest 2015, Héroes sóbeos ao escenario dun dos festivais hardcore, punk e metal referentes en España e Europa onde APHONNIC prendeu Viveiro (Lugo) como só eles saben facelo, con potencia, agresividade, melodía e sentimento. Repetiron en 2017 e, o pasado novembro, saltaba a noticia de que en xullo volvían ao «Resu» para ofrecer ao seu público máis internacional unha experiencia metal inesquecible: «É un orgullo poder estar nun dos mellores festivais do estado, poder compartir a tua música con tanta xente e compartir escenario con grupos de nivel internacional é incrible. Aínda é cedo para saber como afrontar ese concerto, pero como sempre será algo con moita actitude e moita paixón».

 

 

 

O éxito de roes presentaba un desafío para APHONNIC... superarían o nivel? A resposta ás expectativas xeradas chegaba tres anos despois con Indomables (Maldito Records, 2016), un disco rotundo e atemporal producido unha vez máis por Vasco Ramos e mesturado por Fredrik Nordström de Studio Fredman (Suecia). A colección de 11 temas «tan excitantes como un salto ao baleiro en paracaídas, cal golpe directo á xugular» amosa que sempre se pode seguir innovando dentro dese son tan especial que a banda fai seu; distorsións, letras, efectos ou liñas vocais son aspectos que foron traballados ao detalle ata acadar o seu mellor resultado. E vaia se o acadaron! «Cántao» ‘Ombligos’, corte que abre o LP co que APHONNIC pon todas as súas cartas sobre a mesa: viñemos para quedarnos; con potencia, con intervalos e cun retrouso compuesto para que o público o coree, porque que chore... para que chore está ‘Cunfía’ cun videoclip realizado por ZIWA Producciones que mestura fragmentos dun emocionante directo do seu concerto en Castrelos, repartindo abrazos ao son do metal-rock, con outras gravadas durante unha celebración, brindando con sidra en vasos de tubo (que menos!).

 

 

 

Desde os inicios, APHONNIC sempre tivo un gran motivo para brindar, un motivo que, cada día que pasa, vai en aumento; como eles, tampoco ten límite: os seus siareiros. A banda viguesa pode presumir de ter un público fiel, que cunfía no seu potencial tanto enriba como abaixo do escenario, sempre están aí, apoiándoa nas boas e nas malas; son os seus Héroes, os seus Indomables. Con axuda dos seus siareiros, APHONNIC superou con éxito as campañas de crowdfunding previas a cada un dos seus tres últimos traballos, incluído o seu novo disco, La Reina (2020), proxectos impecables xa non só a nivel musical, senón a nivel deseño, formato e merchandaising: «temos a gran sorte de contar con varios centos de fans que creen en nós, neste último crowdfunding conseguimos 18.000€. Isto é algo marabilloso, saber que a xente agarda nova música túa e algo que non se pode explicar con palabras. Creo que este novo disco [La Reina] está a gustar e que a xente que apostou por isto sinte que os seus cartos foron ben invertidos. Na vida tes que arriscar, perder e caer moitas veces se queres lograr algo».

 

«Logo de once errores outra derrota, logo de doce errores esa victoria, son heroes sen superstición que non pretenden a gloria»... pero que a conseguiron; victoria e gloria coroan La Reina (2020), álbum que pecha a triloxía que hai seis anos abría aquel Héroes e continuaba Indomables. Producido polo portugués Vasco Ramos, mesturado por David Bendeth e masterizado por Ted Jensen, agardabamos La Reina coa caída das follas, unha «raíña» que, finalmente, asomou a súa coroa o pasado 17 de xaneiro logo de pasar sangue, suor, e lágrimas, pero, unha vez máis, APHONNIC cumpría: «Retrasouse mes e medio da data inicial, loxicamente non é moito tempo de diferencia, pero foi por causas que se escapaban do noso control. Cando tes una folla de ruta marcada queres que se cumpla e máis se temos xente por medio agardando polo novo material. O final saíu todo ben e cun mínimo de retraso, cremos que a xente está a quedar contenta».

 

O álbum —que marca xa o sexto na súa discografía— presenta 11 cortes orixinais nos que os vigueses fan gala dun son propio, definido, recoñecido, cunhas pequenas voltas de torca que fan que cada tema desprenda a súa propia esencia amosando á perfección o son do pasado e do presente, unha evolución sonora na que traballaron, man a man, xunto ao seu productor: «Vasco unificou tanto a nosa maneira de facer as cousas como o noso son, el é o culpable de todo isto, é como un pai ensinando aos fillos. Nós como bos fillos que somos tamén aprendemos nestes 9 anos a sua maneira de traballar, cada disco que pasa todo sae máis natural e mais rápido. Estamos orgullosos do noso pai». Editado en formato físico, CD e vinilo, ademais de estar dispoñible nas principais plataformas dixitais, con menos dunha semana no mercado La Reina xa foi descrito como «un disco sen fisuras». Un traballo coidado ao milímetro, con letras punzantes e actuais tinguidas de melodías magníficas que resultan en pezas emocionantes e emocionais, resultado dun proceso creativo similar aos dos anteriores discos, segundo confesa Chechu: «as melodías traballámolas con Vasco Ramos no estudio no formato guachilai e as letras votei tres meses todas as noites a facer os 11 puzles, xa que as frases estaban xa escritas do ano anterior. É un proceso complicado, pero se se fai ben e con cariño, trae moita recompensa tanto personal como grupal». ‘En Globo’ foi o escollido como single-clip presentación, unha «crítica directa, cuspida de xeito metafórico» que vén sobre rodas e a domicilio. APHONNIC volveuno facer, APHONNIC volve establecerse como unha das bandas referencia do metal español.

 

 

 

Dreams of Dolly Sheep é a súa recomendación á galega, que «sacaron disco o día 1 de febreiro», aínda que no seu Spotify, podemos escoitar de todo!: «Somos xente que escoita de todo e de todos os estilos, rap, pop, metal, podes encontrar de todo no noso Spotify, é un fallo moi gordo pecharlle as portas aos teus ouvidos». Polo de agora, APHONNIC estrea a xira ‘La Reina’ o 14 de febreiro en La Cueva del Jazz (Zamora) e a súa primeira parada galega farana un mes despois, o 14 de marzo na Sala Master (Vigo), pero, coa contratación para os concertos de Castrelos —el «templo» vigués— on fire, o seu nome saltou nas redes como posible cita estival... polo que non puidemos evitar preguntarlles sobre a plausible actuación, que canción escollerían para poñer en pé ao auditorio? A quen subirían ao escenario para facer os coros? As respostas non defraudan!: «‘Cunfía’ ou ‘Mi Capitán’ poderían valer perfectamente; non somos de subir xente a facer os coros, iso queda para o Sr. Alcalde entre concerto e concerto. Vigo ten un enorme escenario que pouco se aproveita, esperemos que este ano den a oportunidade a grupos da cidade para subirse a ese fermoso escenario xa que é una experiencia incrible».

 

 

 

  noticias