• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

NOVOS LANZAMENTOS. XANEIRO 2020

NOVOS LANZAMENTOS. XANEIRO 2020
4 FEBREIRO 2020

 

The Dimension of the FragileVertixe Sonora

Desde a súa creación, Vertixe Sonora converteuse nun axente de gran actividade que acadou actualizar a escena musical contemporánea en Galicia e o pasado con propostas musicais poéticas, que procuran o diálogo e a confluencia entre a música contemporánea e outros xeitos de expresión artística. Baixo o título de The Dimension of the Fragile (NEOS, 2020), o ensemble lanza o seu segundo traballo discográfico, unha marabillosa colección de seis pezas do compositor mexicano Víctor Ibarra dirixidas por Nacho de Paz. Producido por Tiago Hora e mesturado por Sylvain Cadars, o álbum é «unha grande viaxe musical chea de enerxía e paisaxes musicais de enorme beleza e profundidade cun son glorioso».

 

 

 

Miña AlmiñaSon Trío

O que comezou como un ciclo de cancións con toques jazz, ás veces acompañado con fotografía e vídeo, o que comezou como unha fusión da poesía de Rosalía de Castro desde o seu poemario Follas Novas, cunha instrumentación clásica, pero unha linguaxe musical actual, Miña Almiña (2020) é o álbum co que Son Trío debuta no mercado. Composto por nove temas con música orixinal sobre letras de Rosalía, cancións doutros poetas galegos e versións de pezas populares, o longo sorprende por unha profundidade capaz de emocionar ao público, con melodías intimistas e contemporáneas que poñen en valor a calidade musical «independentemente do seu xénero»... e 100 % en galego!

 

 

 

 

 

La ReinaAPHONNIC

Esperábamolo coa caída das follas, pero a súa coroa se asomou, finalmente, o pasado venres 17 de xaneiro, cando APHONNIC lanzaba La Reina (2020). Producido polo portugués Vasco Ramos, mesturado por David Bendeth e masterizado por Ted Jensen, o álbum —que marca xa o sexto na súa discografía— presenta 11 cortes orixinais nos que os vigueses manteñen o seu son, pero, ao incorporar novos detalles, cada tema desprende a súa propia esencia. Editado en formato físico, CD e vinilo, e dispoñible nas principais plataformas dixitais, La Reina acadou elevar, todavía máis, o listón que o cuarteto de Vigo conseguira cos seus anteriores traballos; un disco coidado milimétricamente, con letras punzantes e melodías magníficas que resultan en 11 pezas emocionantes e emocionais. APHONNIC volveuno facer, APHONNIC volve establecerse como unha das bandas referencia do metal español, con sangue, suor e bágoas nun LP que equilibra á perfección o son do pasado e do presente. ‘En Globo’ é o single-clip presentación, unha «crítica directa, cuspida de xeito metafórico» que vén sobre rodas e a domicilio.

 

 

 

 

 

You & IWillie & Winnie

Logo de despedir o seu último traballo en recoñecidas salas do panorama estatal e subirse por vez primeira a un escenario festivaleiro, Willie & Winnie lanza o seu terceiro traballo discográfico, You & I (2020). Dispoñible en formato físico e nas principais plataformas dixitais desde o pasado 10 de xaneiro, este novo traballo, o primeiro como Willie & Winnie, é o resultado dun son no que o dúo estivo a traballar durante anos, un son recuberto dunha escuridade que non deixa de medrar, potente e sofisticado á vez. Coproducido por Arturo Vaquero e gravado en Abrigueiro Estudios (Friol, Lugo), You & I recolle dez temas máis maduros e elaborados onde escoitamos unha mestura de sons que dá lugar a «algo que, poucas veces, escoitouse neste país», segundo afirma Vaquero; unha magnífica mestura de folk americano, pop, jazz, ambient, electrónica e unha dose de espesa escuridade. O single-clip adianto, ‘Hotel Blues’, é unha elegante obra audiovisual en branco e negro asinada por Xaime Miranda con fotografía de Iago Vilarinho.

 

 Todo isto e moito máis na nosa lista de Singles 2020 que podes seguir en Spotify e que se actualiza constantemente para manterte ao día de todas as novidades dos artistas e grupos da plataforma.

 

 

  noticias