7 PROXECTOS GALEGOS ENTRE OS FINALISTAS DA XI EDICIÓN DOS PREMIOS MIN
Un xurado composto por profesionais do sector musical vén de elixir os 5 nomeados aos Premios MIN en cada categoría de entre os 30 semifinalistas que previamente elixira o público. Entre os finalistas destacan os «repetidores» Novedades Carminha, con catro nomeamentos, incluídos Álbum do Ano e Mellor Artista, e Xoel López, que este ano opta a Mellor Directo; e os nomeamentos de A banda da Loba, Familia Caamagno, Heredeiros da Crus, Os Amigos dos Músicos e Tanxugueiras na categoría de Mellor Ámbum en Galego; en total, atopámonos con sete artistas e grupos galegos que optan aos premios nalgunha das súas categorías, unha mostra máis do gran momento que vive a música feita en Galicia.
Aos gañadores desta XII edición dos Premios MIN os coñeceremos o vindeiro 11 de marzo na gala de entrega que se celebrará no Teatro Circo Price de Madrid, aberta ao público e á que se poderá asistir previa adquisición de entradas na páxina web do teatro.
Novedades Carminha [ver en galiciantunes]: Artista · Álbum do ano: Ultraligero · Álbum de pop: Ultraligero · Directo: Presentación La Riviera
Xoel López [ver en galiciantunes]: Directo: Sueños y pan
Álbum en galego: Tanxugueiras repite nomeamento logo de recibir o galardón a Mellor Álbum en Galego na pasada edición polo seu debut, Tanxugueiras (2018).
A banda da Loba [ver en galiciantunes]: Fábrica de luz
Familia Caamagno: Había que intentalo
Heredeiros da Crus [ver en galiciantunes]: Derretidos
Os Amigos dos Músicos [ver en galiciantunes]: Segundo fogar
Tanxugueiras [ver en galiciantunes]: Contrapunto