• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

7 PROXECTOS GALEGOS ENTRE OS FINALISTAS DA XI EDICIÓN DOS PREMIOS MIN

7 PROXECTOS GALEGOS ENTRE OS FINALISTAS DA XI EDICIÓN DOS PREMIOS MIN
28 FEBREIRO 2020

Un xurado composto por profesionais do sector musical vén de elixir os 5 nomeados aos Premios MIN en cada categoría de entre os 30 semifinalistas que previamente elixira o público. Entre os finalistas destacan os «repetidores» Novedades Carminha, con catro nomeamentos, incluídos Álbum do Ano e Mellor Artista, e Xoel López, que este ano opta a Mellor Directo; e os nomeamentos de A banda da Loba, Familia Caamagno, Heredeiros da Crus, Os Amigos dos Músicos e Tanxugueiras na categoría de Mellor Ámbum en Galego; en total, atopámonos con sete artistas e grupos galegos que optan aos premios nalgunha das súas categorías, unha mostra máis do gran momento que vive a música feita en Galicia. 

 

Aos gañadores desta XII edición dos Premios MIN os coñeceremos o vindeiro 11 de marzo na gala de entrega que se celebrará no Teatro Circo Price de Madrid, aberta ao público e á que se poderá asistir previa adquisición de entradas na páxina web do teatro.

 

 

Novedades Carminha [ver en galiciantunes]: Artista · Álbum do ano: Ultraligero · Álbum de pop: Ultraligero · Directo: Presentación La Riviera

 

 

 

Xoel López  [ver en galiciantunes]: Directo: Sueños y pan

 

 

 

Álbum en galego: Tanxugueiras repite nomeamento logo de recibir o galardón a Mellor Álbum en Galego na pasada edición polo seu debut, Tanxugueiras (2018).

 

A banda da Loba [ver en galiciantunes]: Fábrica de luz

 

 

 

Familia CaamagnoHabía que intentalo

 

 

 

Heredeiros da Crus [ver en galiciantunes]: Derretidos

 

 

 

Os Amigos dos Músicos [ver en galiciantunes]: Segundo fogar

 

 

 

Tanxugueiras [ver en galiciantunes]: Contrapunto

 

 

  noticias