• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

NOVIDADES CORENTUNES. VOL.VII

NOVIDADES CORENTUNES. Vol.VII
5 XUÑO 2020

É hora de dicirlle adeus aos nosos venres de versións, remixes, videoclips caseiros, estreas sorpresas, telentrevistas… de despedirse dun confinamento onde a creatividade sonora e audiovisual dos nosos artistas e grupos non deixou de sorprendernos, GRAZAS!

 

Xota do Entroido - Susana Seivane

Hai un par de volumes que despedíamos as súas foliadas no balcón, esas que nos amenizaron toooda a corentena, cada día ás 20.00 h; ela despide así o mes de maio —e a Fase 2— cunha estrea para animarnos a desescalada.

 

 

 

Avería - Roberto Sobrado

«Caseiramente elaborado durante o confinamento», Sobrado interpreta unha divertida versión do ‘No Te Rías’ de Alaska no mítico programa La Bola de Cristal.

 

 

 

#EnsaiosNaCasa - Deleiba

Organizado pola Sala Nasmo do seu Muros natal e con Jesús Saborido (baixo, produción) como protagonista, seica a banda segue a calentar motores para a súa vindeira salida aos escenarios.

 

 

 

 

Olvídame Live, Ascensión 2019 - Baiuca

O pasado 21 de maio era o día grande pero, igual que a Pascua de Padrón, a Troita de Sigüeiro, a Merenda de Frades ou o Banquete de Conxo, as festas da Ascensión tiveron que ser suspendidas debido ao estado de alarma. Baiuca lembrou a súa actuación durante a Ascensión do ano pasado ante unha Praza da Quintana atestada de xente.

 

 

 

Ahora - Escuchando Elefantes

Sílvia e Carlos comezan unha nova etapa «emocionados, orgullosos e felices» coa estrea do single-clip —gravado por eles mesmos durante a corentena— adianto do seu vindeiro traballo discográfico, o primeiro completamente en castelán.

 

 

 

Bailar o Solto - Prima de Buxo

Seica ata a Fase 3 non podemos bailar agharrados, así que o cuarteto de música tradicional nos regala unha peza para bailar «soltos»… nós? Ata o luns!

 

 

 

 

Lean On Me - Gonzalo Arca

Durante a particular celebración das Festas de Santa Rita 2020 do Concello de Vilagarcía de Arousa, Arca rodeouse de Antonio Casado (guitarra), Nacho Pérez (piano) e Pepe Santamaría (percusión) para render un «humilde tributo» a Bill Withers, músico e compositor estadounidense falecido o 30 de marzo.

 

 

 

 

100 Fronteiras - ERIN (Comando Catana)

Non nos gustaría despedir as Corentunes sen un dos seus cortes… e cumpriu! O rapeiro de Santiago de Compostela lanzaba hai un par de días este single-clip tan especial, gravado entre Sao Paule e Río de Janeiro, coas colaboracións de DJ La Rock (España) e DJ Erry G (Brasil).

 

 

 

Ardendo - Martín Máez

Con portada de Azahara Román, Martín Máez presenta o videolyric adianto do seu vindeiro disco, un novo proxecto cheo de ilusión, con moito traballo, «e dor de cabeza», detrás.

 

 

 

Space Oddity - Chamaquito Pistolas

Versión a guitarra, clarinete e voz do ‘Space Oddity’ de David Bowie… os arranxos? Todos seus!

 

 

 

ETIQUETAS

  noticias