• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

REPRESENTACIÓN MUSICAL GALEGA NO BIME CITY 2020

REPRESENTACIÓN MUSICAL GALEGA NO BIME CITY 2020
28 XULLO 2020

Hai un galego na lúa... e na próxima edición do BIME PRO, cita que reúne cada ano a profesionais da industria musical en Bilbao, non haberá un, senón dous! Grazas a recente colaboración coa Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais), dous artistas ou bandas galegas terán a oportunidad de presentar o seu traballo no BIME CITY.

 

BIME CITY é o escaparate para os talentos emerxentes máis prometedores de Europa e América Latina, un encontro para programadores de festivais, managers, periodistas e outros axentes do sector musical que visitarán a capital biscaíña os días 28 e 29 de outubro.

 

A convocatoria para bandas galegas permanecerá aberta ata o 16 de agosto e as inscricións pódense realizar a través da seguinte ligazón: https://tinyurl.com/y4q49hrp. Os showcases terán lugar as noites do 28 ou 29 de outubro nalgunha das 11 míticas salas bilbaínas que participan no BIME CITY, con entrada de balde ata completar a capacidade estipulada por cada sala, aberta a profesionais (acceso prioritario) e público xeral, e sempre respetando as recomendacións de seguridade e sanitadas marcadas polas Autoridades.

 

💸 Os artistas seleccionados recibirán unha bolsa de viaxe por parte de BIME CITY, que tamén asumirá unha pernocta. Así mesmo, poderán optar á vindeira convocatoria de subvencións da Agadic destinadas ás actividades de distribución das industrias culturais galegas.

  noticias