11 + 1 DE MORRIÑA FESTIVALEIRA VOL. II
Aquí estamos de novo, coa segunda-e-derradeira entrega contra a morriña festivaleira que nos anega este verán... se na primeira expresabamos o moito que os botabamos de menos, esta é unha oda ás lembranzas que nos deixan. Porque os festivais son máis que música, son reencontros, experiencias gastronómicas, culturais, mesmo familiares ou deportivas; vivencias inesquecibles, dunha tarde ou de tres días, cunha banda sonora ao vivo!
Vos deixamos unha selección de once after movies dalgúns dos nosos festivais para manter vivas esas lembranzas... e remover algún que outro sentimento, que se hai que chorar, se chora (con máscara posta!).
O +1 é Esa Maldita Felicidad, o documental road-movie de cociñeiros, músicos e cociñeiros-músicos con destino PortAmérica, o que foi e o que será 💚