• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 DE ONTE E DE HOXE

11 DE ONTE E DE HOXE
11 SETEMBRO 2020

Abrimos o baúl das lembranzas, ou a caixa de Pandora? cunha selección de once vídeos dos nosos solistas e grupos nos seus comezos, algún tempo despois daquel «mamá, quero ser artista». Nalgúns o paso do tempo é evidente, noutros as agullas do reloxo pasaron só por riffs, acordes ou ritmos... e hai un par deles que seica pactaron co demo porque non pasan os anos por eles!

 

AGORAPHOBIA

Onte: Presentábanse como un «grupo de rapazas de Boiro» que «intentaban facer un amago de punk» hai uns 10 anos.

 

Hoxe

 

 

BUDIÑO

Onte: Estreándose en solitario con Paralaia (1997), con gaita, banda, e sen barba! no estudio dos concertos de Radio 3.

 

Hoxe

 

 

MERCEDES PEÓN

Onte: Luar (TVG), ano 1993 e unha Mercedes Peón irrecoñecible márcase un triplete de folk-trad galego cun cantar de bois, muiñeira e xota, a voz, pandeireta e gaita.

 

Hoxe

 

 

SUSANA SEIVANE

Onte: “Muiñeira da Fonsagrada” rodeada por Milladoiro; dous anos máis tarde, Rodrigo Romaní, un dos membros fundadores da emblemática agrupación, produciría o seu debut discográfico: Susana Seivane (1999).

 

Hoxe

 

 

FURIOUS MONKEY HOUSE

Onte: Eses instrumentos máis grandes que eles... e eles tan pequerrechos que podías metelos no peto.

 

Hoxe

 

 

XOEL LÓPEZ

Onte: Antes da épica viaxe iniciática alén do charco, sobre a que crearía o seu proxecto actual, Xoel López estaba á fronte de Deluxe, exitosa banda de pop-rock alternativo e indie-folk clásico dos 60.

 

Hoxe

 

 

NOVEDADES CARMINHA

Onte: De cando eran tres e dábanlle máis ao punk crú e irreverente.

 

Hoxe

 

 

MORDEM

Onte: Antes do seu proxecto actual, Elba Fernández dábase a coñecer baixo o nome de Jane Joyd, o seu primeiro álter ego.

 

Hoxe

 

 

TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO

Onte: Pero se parece que non pasan os anos por eles...!!

 

Hoxe

 

 

PAULIÑA

Onte: A doce voz dunha balada en galego abría os “Camiños” da moza cambadesa na súa carreira en solitario.

 

Hoxe

 

 

FACTORÍA DE SUBSISTENCIA

Onte: Sobre un dúo a guitarra e voz, Josito Porto e Anxo Graña, fundouse a Factoría que, xa daquelas, definía o seu estilo como «música de cansautor».

 

Hoxe

 

 

ETIQUETAS

  noticias