E (FINALMENTE) AS MELÓMANAS FORON PARA...
Con cinco meses de retraso pola emerxencia sanitaria, as Melómanas dos VII Premios Martín Códax da Música xa teñen dono. Baixo a dirección artística de Gustavo Dieste, e coa cantante e actriz Inés Salvado (De Vacas) como presentadora, un quinteto dirixido por Pedro Lamas foi o encargado de poñer banda sonora a unha gala que, por primeira (e argardemos, derradeira) vez discorreu sen máis público que os candidatos aos premios.
Estes son os gañadores:
POP E INDIE
Guadi Galego e A Banda Somerxida
ROCK
BLUES, FUNK E SOUL
METAL
CANCIÓN DE AUTOR/A
MÚSICAS URBANAS
Laura LaMontagne & PicoAmperio
REGGAE, SKA E MESTIZAXE
ELECTRÓNICA
MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA
Taller Atlántico Contemporáneo
JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS
Manuel Gutiérrez Trío
MÚSICA TRADICIONAL
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
MÚSICA FOLK
MÚSICAS DO MUNDO
MÚSICA INFANTIL
Magín Blanco e a Banda das Apertas
ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA
COROS E GRUPOS VOCAIS
BANDAS DE MÚSICA POPULAR
PREMIOS ORGANISTRUM
> SALAS
> FESTIVAIS
> PROXECTOS DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL
PREMIO HONORÍFICO
MARÍA MANUELA
O Premio Honorífico que outorga Músicas Ao Vivo, ten nome de muller: María Manuela Díaz Orjales (A Coruña, 1945). Na presente edición, a Asociación premia a extensa traxectoria da “cantora referente da canción protesta e gran activista social, e unha loitadora incansable pola valorización da cultura galega”. Música e poesía, especial, querida e admirada por todo o que representa, María Manuela destaca pola fortísima pegada que deixou na nosa música, facendo dela e da nosa lingua “as ferramentas para loitar por un mundo mellor”.