CATRO FESTIVAIS GALEGOS NO PALMARÉS DOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS 2020
O pasado sábado 17 de outubro, mentres Madrid acollía a gala dos XII Premios da Música Independente, tamén online se celebraban os V Iberian Festival Awards, outros galardóns que tamén se deberían celebrar en marzo, xustamente o día 14. Entre máis da centena de festivais nomeados, 11 galegos acadaron pasar á final dos que, orgullosamente anunciamos, CATRO! resultaron gañadores, e un deles por partida triple.
Resurrection Fest: Mellor Cartel, Dani Cruz como Mellor Fotografía e Berri Txarrak como Mellor Directo
Sinsal SON Estrella Galicia: Mellor Acollida e Recepción
Festival dos Eidos: Mellor Festival Non Musical
17º Ribeira Sacra Festival: Mellor Festival de Pequeno Formato
Ademais, o Festival do Queixo de Arzúa foi recoñecido como Mellor Festividade, Estrella Galicia como Mellor Activación de Marca e, pola súa parte, Jordi Lauren de PlayPlan trouxo a casa o Premio á Excelencia.
🏆 Bótalle un ollo ao palmarés completo dos V Iberian Fest seguindo esta ligazón!