• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 CON M DE MULLER

11 CON M DE MULLER
8 MARZO 2021

Rosa Parks, Frida Kahlo, Rosalind Franklin, Marie Curie, Virginia Wolf, Amelia Earhart… elas son algunhas das mulleres que cambiaron a historia. Igual que Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Maruja Mallo ou Emilia Pardo Bazán, pintoras, escritoras, ou activistas; como a bailarina Bella Otero, as heroínas María Pita e María Soliño, a inventora Ángela Ruiz Robles… elas son mulleres galegas que tamén cambiaron a historia, que loitaron pola igualdade de dereitos no ámbito académico, social, político e económico; como o seguen a facer, e seguen loitando, tantas outras.

Seleccionamos once artistas, solistas e bandas, compositoras e intérpretes, para poñerlle ritmo e acento galego a este 8 de marzo, para lembrar todos os avances e reivindicar os que aínda quedan por facer.

 

 

1. Interludio violeta - Rosa Cedrón, Cristina Pato

 

 

 

2. Que non mo neguen - Tanxugueiras

 

 

3. Retrato - Xoana

 

 

4. Enxame - Margarida Mariño

 

 

5. É unha opinión - Agoraphobia

 

 

6. A guerrilleira - MJ Pérez

 

 

7. Unha rosa - Son Trío

 

 

8. Pepa - A banda da Loba

 

 

9. Mia Irmana Fremosa - María Mendoza

 

 

10. Tempos de muller - WÖYZA

 

 

11. Sabeliña - Susana Seivane

 

 

+1 O himno non oficial, que sempre se sae da lista, pero que sempre ten que estar.

Matriarcas - Guadi Galego

 

 

 

  noticias