• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

NOVOS LANZAMENTOS. MARZO 2021

NOVOS LANZAMENTOS. MARZO 2021
3 ABRIL 2021

 

 

Dioivo III - Dioivo

O seu novo traballo é unha heavy mestura de «non hai dous sen tres» e «se funciona, non o cambies». Logo do primeiro e do segundo volumen, Dioivo pechaba marzo co lanzamento de , efectivamente, o terceiro. Composto por seis cortes de composición propia, Dioivo III (Darkwoods, 2021) define o son do dúo vigués, cun son moito máis cru e orgánico, ademais de arriscarse a incluír novedades como voces máis limpas ou elementos máis propios do folk ou do punk. Gravado por Manu de Taiga Dukha, e mesturado e masterizado por Manu Coia en Namek Estudios, o EP conta coa colaboración de Dana e Marcos, de Mileth, nos temas “Ferro e Xenreira” e no aturuxo de “Golpe por Golpe”.

 

 

 

 

Alborada - Garza

«Alborada é unha pequena historia da miña infancia en clave de música instrumental. Recolle o meu propio imaxinario dunha Galicia de mar e terra, reflictido nunha música electrónica de corte ambiental, case de ensoñación, de deixarse levar pola mistura de sons». Logo de ir deixándonos pequenas pílulas durante estes últimos meses, Garza desvela, por fin, o seu primeiro EP. Como un percorrido hipnótico e experimental, as seis pezas que compoñen Alborada (Ferror Records, 2021) materializan un transfondo sentimental e evocador, coa infancia e os soños en primeiro plano, sobre o que o músico lanza un entretecido sonoro de ambient, trip hop e IDM que remata converténdose nunha música de atmosferas que xogan constantemente coas intensidades. “Cravos” foi o escollido como derradeiro corte adianto, publicado un día antes do lanzamento do EP, para o que Garza contou coa colaboración do mestre, escritor e músico Manuel Seixas (letra,voz).

 

 

 

 

 

Plăcinte - FØ Records

FØ Records pechaba o ano pasado na bañeira, con Espumoso e os seu beats, filtros de neon, transicións rápidas e unha letra centrada no famoso álter ego “gansta” do Puto Rumeinian. O colectivo de Negreira presenta agora a mixtape completa, Plăcinte (2021), que marca o seu primeiro traballo individual protagonizada por Anestiadi, baixo o pseudónimo de Puto Rumenian. Os seis cortes que recolle o EP foron compostos coa premisa de que «a xente o pase ben escoitándoa e alegrar un pouco á peña [...] tampouco alegrar, eu que sei, que o pasen ben mentres a escoitan». Ademais de dúas colaboracións especiais Sad Damn e Cibrán (Boyanka Kostova)Plăcinte preséntase cunha versión ao vivo, case-case como os de antes!

 

 

 

🎧 Sigue a nosa lista de novidades en Spotify!

 

  

  noticias