• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 DE LETRAS GALEGAS

11 DE LETRAS GALEGAS
21 MAIO 2021

«Teño a alma abrazada por fenómenos estraños,
fenómenos extraordinarios,
rompo,
rompéuseme ou vaso nas mans


Miraba cara a atrás a morea de cousas,
buligaba,
eu moraba Ningures e alí nos atopabamos,
en forma ergueu a man para dicirme,
é mentira que moramos».

 

Escribía Xela Arias naquel primeiro poemario, Denuncia do equilibrio (Xerais, 1986), un que xa deixaba ver a súa atitude transgresora e inconformista. Poeta, escritora e tradutora, Arias rompeu cos roles predefinidos, explorou, a través dos seus versos, toda unha independencia estilística e conceptual; un discurso marcadamente urbano co que a mocidade se sentía —séntese— identificada.

 

Homenaxeada no Día das Letras Galegas, o seu legado segue hoxe máis vivo que nunca e, con tal motivo, seleccionamos once poemas de autores galegos musicalizados por artistas e grupos da plataforma, para celebrar que, como as versos de Xela, teñen moito que dicir.

 

Intempériome, Xela Arias - A Banda da Loba

 

 

Pranto matricial, Valentín Paz Andrade - 2naFronteira

 

 

Highway to Heaven, Yolanda Castaño - Chicharrón

 

 

Nom existe a morte, Carvalho Calero - MJ Pérez

 

 

a de prata, María Victoria Moreno - Fuxan os Ventos

 

 

Cortina, Xosé María Díaz Castro - Zënzar

 

 

Morro en ti, Lois Pereiro - Anxo Blas

 

 

Subiote, Xosé Neira Vilas - Rodrigo Ramos

 

 

Quen puidera namorala (‘No niño novo do vento’), Álvaro Cunqueiro - MOURA

 

 

Pasmón, Celso Emilio Ferreiro - O Cadelo Lunático

 

 

Camiño Branco, Rosalía de Castro - Sheila Patricia

 

 

ETIQUETAS

  noticias