VIDEOCLIP CLUB. EDICIÓN DE XULLO
Desdibuxar, Guadi Galego
O EP Bóla de Cristal (Altafonte, 2018), producido por Pachi García, está composto por cinco pezas positivas onde a artista cedeirense canta «ao mundo que llegustaría ver nun futuro, ese sen fronteiras mentais, sociais nin de clase». Adiantábaa con “Fronteiras”, presentábaa con “Recoñecéndome” e a bóla seguiu a xirar con “Desdibuxar”, un emotivo e poético videoclip animado por Carlos Lago (O Terser Home) que apela á loitar por un mundo mellor, a recompilar vivencias e aprender de cada un delas.
Valiente disonante, Escuchando Elefantes
Eles poden contra todo... seica ata co paso do tempo, porque, como cantan, eles «nunca deixaron de aguantar, nunca deixaron de loitar». Escuchando Elefantes lanzaba “Valiente Disonante” como segundo adianto do seu último disco, ¿Por qué siempre cantáis en inglés? (Music Bus, 2021). Dirixido por Sílvia e Carlos, o vídeo convídanos a experimentar unha emotiva viaxe persoal no tempo, en pouco máis de cinco minutos, con flashbacks temporais grazas a gravacións VHS dos seus pais. En pouco máis de cinco minutos, o dúo acada poñernos a pel de galiña con cada frame nostálxico e o seu correspondente actual, con cada golpe de batería e riff de guitarra, con esa voz combativa e melodía esgazada... eles, valentes disonantes, que deixaron todo aquilo que non querían dun mesmo para poder comezar a vivir o presente.
A túa gravidade, Chicharrón
Entre as críticas positivas e os recoñecementos e agradecementos propios de finais de ano, Chicharrón despedía o 2018 con “A túa gravidade”, segundo videoclip do seu último longa duración, Cancións Clínicas (Prenom, 2018). Dirixido por Sara Iglesias, o clip en branco e negro, rodado entre as luces e sombras do día e da noite, destaca detalles íntimos que chocan co existencialismo poético da letra; un texto «claustrofóbico» en galego que comparte protagonismo cun son escuro marcado pola electrónica e o, novedoso, peso dos sintetizadores.
Falan de ti, MJ Pérez
Producido pola propia cantautora, coas colaboracións de Miguel Grandío tralas cámaras e Alejandra del Río na produción, o videoclip combina interiores, gravados na mítica Borriquita de Belém, e exteriores rodados en recunchos da cidade á que fai referencia “e na rúa a choiva vai mollando a pedra”, a cidade onde parece que a chuvia forma parte dela, Santiago de Compostela. Sobre unha esencia acústica a guitarra e voz, baixo e percusións superpóñense, envoltos polos ventos (saxo, trompeta e trombón), nun tema de toques latinos que marcaba un punto de inflexión na traxectoria profesional da artista arzuá, enterrando o pasado e abrindo camiño ao futuro.
Arde, Maryland
Hai un par de anos, Maryland predicía unha onda de calor co seu novo videoclip, incluído no seu último disco, Resplandor (Subterfuge Records, 2018), e dous anos despois... recuperámolo, mergullados noutra onda de calor. Gravado, producido e editado polo propio grupo vigués, “Arde” destapa lembranzas fotográficas e sentimientos a corazón aberto entre riffs de guitarra a baixas revolucións. Sobre unha alfombra, na beira da quilométrica praia de Vilar (A Coruña) con as dunas de Corrubedo como única testemuña, Maryland afoga toda reminiscencia a tempos pasados... onda a onda, acorde a acorde, sen compasión