• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

BOTA A ANDAR A CUARTA EDICIÓN DE CULTURA NO CAMIÑO

Bota a andar a cuarta edición de Cultura no Camiño
15 ABRIL 2016

Teatro, música, danza, novo circo e maxia conforman a programación 100 % galega da cuarta edición de Cultura no Camiño. Este ciclo, promovido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, desenvoverase entre o 16 de abril e o 30 de setembro co obxectivo de contribuír á dinamización cultural das localidades polas que discorren as diferentes rutas xacobeas na nosa Comunidade: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño de Inverno, Camiño do Norte, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño Portugués pola Costa, Camiño Primitivo e Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Por provincias, 36 concellos coruñeses acollerán 132 actuacións; en Lugo, 24 concellos ofrecerán 92 espectáculos; 13 concellos de Ourense porán ao dispor do público 44 funcións; e en Pontevedra, 26 concellos programarán un total de 101 representacións. Deste xeito, Cultura no Camiño chegará a 1 de cada 3 municipios galegos.

Dos 369 espectáculos programados, haberá 164 representacións de teatro e danza, 93 actuacións musicais, 78 de maxia e 34 de novo circo.

Canto a música, o programa ofrece unha escolma de destacados grupos e artistas galegos de moi diferentes estilos como A Banda da Balbina, Alberto Vilas Quintet, BellónMaceiras Dúo, César de Centi, Clave de Fado, Emilio Rúa, Igloo, Leilía, Luis Emilio Batallán, Lulavai, Lydia Botana, Martelo, Os da Ría, Pepe Vaamonde Grupo, Priscila, Radio Cos, Rosa Cedrón, Samuél Leví, Sés, Silvia Penide, Uxía & Narf, Xoán Curiel ou Xosé Constenla. O ciclo tamén contará con concertos específicos para o público infantil coa Gramola Gominola, Magín Blanco, Pesdelán ou Mamá Cabra.

Velaquí a programación completa.

  noticias