GRUPOS E ARTISTAS DA SEMANA 2021. VOL II
Hoxe, 27 de decembro, é o derradeiro luns do no; e hoxe, despedimos o 2021 cos Grupos e Artistas da Semana do segundo semestre, de xullo á decembro. Completamos así o repaso anual, agradecendo aos artistas e grupos que nos dedicaron a súa música, as súas verbas... e a «súa» canción. Preguntámoslle, a todos e cada un deles, que canción escollerían da súa discografía e por que... e aquí descubrimos as súas respostas!
De aquí a un ano! 🥂
TRILITRATE
Entrevista en galiciantunes (5/7/21): «Violín, acordeón e guitarra clásica é unha formación inmensamente versátil»
Trilitrate: «“Saturnais”, cremos que é o tema que mellor representa o momento que está a pasar o grupo. Un tema potente e ecléctico que sobrevoa distintas xeografías musicais».
XACKAL
Entrevista en galiciantunes (12/7/21): «Artísticamente, levoume 20 anos expresarme como son sen coacción de ninguén nin de nada»
Xackal: «Se tivese que levala ao inframundo, “22 pasos”, que espero poder estrear o 22 de febreiro próximo. Como me di Teresa (bailarina en “Vuelo captado”) teño que acadar eses dharmas, eses obxectivos vitais.
Eu amo o que está por facer, pero de entre o que teño publicado, “Las grandes bañistas” ten algo moi especial para min, por iso a saquei antes que ningunha outra».
LÍMBICO
Entrevista en galiciantunes (19/7/21): «O jazz é unha música hiperflexible que admite todo tipo de deformacións a adoptar»
Límbico: «“Natureza intermitente”, quizais porque é o hit e o que queremos é petalo nas redes [risos]».
BÚFALO VIL
Entrevista en galiciantunes (26/7/21): «Se non existise a pandemia, non existiría Búfalo Vil»
Búfalo Vil: «Difícil escoller entre tantos fillos [risos]... Se puidesen ser varias, unha delas sen dúbida sería “Negra pomba”, incluída en Rebolución (2021). Encántame o riff principal, a forza que ten malia ser melódica, e a letra tamén quedou bastante ao caso, tratando como trata un tema persoal».
DAVID QUINZÁN
Entrevista en galiciantunes (2/8/21): «Grado elemental é a primeira gravación que fago máis para min que para un hipotético público»
David Quinzán: «Creo que elixiría a versión de “Madrid arrecife” de Grado elemental. É unha canción que escribín do tirón e non deixa de consistir en certa percepción desa cidade por parte dun forasteiro, galego neste caso».
JAVIER MIRANDA
Entrevista en galiciantunes (9/8/21): «Strange Imperfection é un disco menos compositivo, máis centrado no desenvolvemento don son»
Javier Miranda: «Elixiría sen dúbida o tema 6 do meu novo disco. Chámase “State of Mind”, creo que é un tema moi sólido, ademais de ser o que mellor son ten de entre todos os que fixen. Ten unha primeira parte ambiental e unha segunda mesmo bailable. Quedei moi satisfeito ao facelo!».
MIRIAM SANDOVAL
Entrevista en galiciantunes: (16/8/21): «É unna alegría inmensa poder tocar algún corazón cando canto»
Miriam Sandoval: «Escollo “Candombe” porque creo que é a máxima expresión da fusión e mestura cultural. O candombe é o ritmo co que os escravos africanos que chegaron ao Río da Prata conxugaban cultura e relixión. É un tema cheo de enerxía, que vén dos tambores e da terra.
A descrición da festa que fai Pita reflicte perfectamente ese paradoxo entre a alegría e a melancolía de estar fóra das orixes; non importa de onde sexas, o sentimento é o mesmo, tocando ritmos africanos ou falando galego».
XOÁN CURIEL
Entrevista en galiciantunes (23/8/21): «Creo que sempre é interesante coñecer, revisitar ou actualizar as nosas orixes»
Xoán Curiel: «Elixiría “Ecuacións”, que publiquei no disco que leva o mesmo nome. É unha canción que me gusta moito, naceu cunha personalidade moi alquímica, tivo moi boa acollida e xa foi versionada por diversos artistas. No disco hai dúas versións, unha delas gravada en São Paulo co violeiro Julio Santín, que é a versión que mais me gusta. Hai dous meses gravei outra co cantautor madrileño Javier Álvarez que aínda non viu a luz».
ANXO ARAÚJO
Entrevista en galiciantunes (6/9/21): «En Plan de urbanismo para un novo couto mixto quería contar as cousas de xeito alegre»
Anxo Araújo: «Eu quéroas a todas por igual, pero por dicir unha, “Antinuclear”».
CAROLINA RUBIROSA
Entrevista en galiciantunes (13/9/21): «Non escribo coa cabeza, senón co corazón»
Carolina Rubirosa: «A canción que máis me representa ata o de agora é “Tierra de nadie”, porque supón un momento de empoderamento como compositora. Encerra certa complexidade, pero ao mesmo tempo amosa algo tan sinxelo e antigo como o home: recoñecer e afrontar as debilidades é un dos pasos máis firmes que podes dar na procura da túa identidade creativa, e no fermoso e fascinante camiño da vida».
COCHÈ VIL
Entrevista en galiciantunes (20/9/21): «Teño predilección porque sexan os instrumentos musicais os que falen»
Cochè: «Gústame calquera tema que estea a rematar, é o momento de todo o proceso no que máis desfruto. Se teño que escoller un quizais elixa “When Time Comes”, porque foi o meu primeiro atrevemento na música non instrumental cun cantante profesional, e como foi xurdindo, aos poucos, tamén fai que lle teña un cariño especial».
VIZCAÍNO
Entrevista en galiciantunes (27/9/21): «Neno de monte foi toda unha experiencia da que desfrutei moitísimo e aprendín moitas cousas»
Vizcaíno: «“Serendipia”, porque é unha peza moi especial e sempre que cae nos concertos levanta paletilla ao respectable».
AILÁ
Entrevista en galiciantunes (4/10/21): «O baile é a linguaxe que mellor expresa e visualiza o sentir da nosa música»
Ailá: «“Muiñeira de Frades”, porque foi a primeira que fixemos como grupo».
BATEA
Entrevista en galiciantunes (11/10/21): Ou como converter gaita, violín e frauta no vocalista dunha banda de rock
BATEA: «“Muiñeira Comanche”, porque é un deses temas nos que acadamos comprimir todo o que somos —o de sempre e o de agora— e porque é imposible non acabar saltando con el!».
BATTOSAI
Entrevista en galiciantunes (18/10/21): «Para nós, a música é o máis importante na banda, a letra é a guinda do pastel»
Battosai: «Mólanos “Idiota”, porque somos uns idiotas. Á parte que é un temón, e sabédelo!»
LOS ETERNOS
Entrevista en galiciantunes (25/10/21): «Sonora tivo tempo máis que dabondo para repousar e asentarse ata chegar a ser o que é»
Los Eternos: «“El vals de los quebrantos”, que foi un dos singles de Sonora. É un dos temas co que máis nos identificamos, tal vez porque representa parte da cultura galega, a nosa relación coa morte e a vida e o amor eterno. Tiene un significado moi especial para nós como galegos».
N.E.O
Entrevista en galiciantunes (1/11/21): «Punto de no retorno é máis directo, máis escuro, máis crudo»
N.E.O: «Creo que se temos que elixir un tema que condense a esencia de N.E.O podería ser “Neolengua”, porque abrangue unha letra máis social cunha instrumentación moi potente e un retrouso melódico; todo apoiado por riffs de guitarra e baixo. Ademais ten toques de rock progresivo que indican unha posible dirección pola que podemos tirar a partir de agora».
TREGUA
Entrevista en galiciantunes (8/11/21): «Lo urgente es vivir fala do tempo como valor prezado»
TREGUA: «“Uña y carne”, por ser o último single que lanzamos e porque é unha canción que emociona moito, tanto pola súa música como pola súa letra».
FRENCH RIVIERA
Entrevista en galiciantunes (15/11/21): Unha mestura de synthwave, synthpop e funk con toques de música electrónica
French Riviera: «Difícil elección! Creo que me quedo con “Voyage à Saint-Tropez” desta vez».
O VAL DAS MOURAS
Entrevista en galiciantunes (22/11/21): «Parécenos moi bonito volverlles dar vida a verbas destas autoras»
O Val das Mouras: «“Has de cantar” reflicte un pouco a nosa evolución nestes anos. Comeza a tres voces soas con pandeireta e remata cunha festa rockeira propia de final de verbena galega».
QUANT
Entrevista en galiciantunes (29/11/21): «Entendemos o pop como un todo e tentamos dar a nosa visión o máis persoalmente posible»
Quant: «Alberto escolle “La gran depresión”, por honesta e valorosa. Eu escollo “Ferrol está ardiendo”, porque é a canción que nos fixo encarrilar esta nova era Quántica. Penso que resume moi ben o carácter e a personalidade do grupo; supuxo certa polémica no noso ámbito, e provocar esa reacción na xente é algo que nos encanta».
GRAVESEN
Entrevista en galiciantunes (6/12/21): «Non queremos poñer límites á nosa música»
Gravesen: «Pois para quen non nos coñeza, “A Cova” sería un bo punto de partida para quen nos queira coñecer un pouco máis a fondo. Reflicte un pouco o que é a nosa música: riffs, potencia, retrousos que se che quedan na cabeza...».
FERNANDO ABREU
Entrevista en galiciantunes (13/12/21): «A música facilita o traballo de introspección e axuda a sacar emocións que moitas veces bloqueamos»
Fernando Abreu: «Escollería “Ninety Miles”, que é un bó resumo de todo o que quero conseguir coa miña C a L M A (2021), e que naceu nun momento e nun lugar no que esa calma me deu moita felicidade».
Segue esta ligazón para ler (e escoitar!) as respostas dos Grupos e Artistas da Semana que pasaron pola nosa cabeceira no primeiro semestre, de xaneiro a xuño de 2021.