• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS PREMIOS MIN 2022

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS PREMIOS MIN 2022
3 FEBREIRO 2022

Vós, indies recoñecidos, tedes ata o 18 de febreiro para presentar a vosa candidatura aos Premios da Música Independiente 2022. Os MIN, organizados pola Unión Fonográfica Independente, recoñecen a creación, diversidade e calidade artística das producións independentes publicadas en España, ademais de dar a coñecer artistas emerxentes, achegar a música e o seu proceso de creación ao público, e consolidar o recoñecemento da actividade creativa.

Se es artista ou profesional do sector con algunha gravación (álbum, EP ou single) publicada en 2021 por selos independentes ou autoeditada, inscríbete en premiosmin.com; discográficas, editoriais musicais, managers, ou mesmo ti, poden presentar a candidatura na web. Nesta 14ª edición a UFI segue a apostar pola participación activa do público, que escollerá aos 15 semifinalistas de cada categoría entre todos os inscritos e, na seguinte fase, un xurado profesional seleccionará aos finalistas nomeados. Os gañadores daranse a coñecer na entrega de premios que se celebrará o 27 de abril no Navarra Arena de Pamplona.

 

Navarra Arena 

 

Esta edición dos Premios MIN chega con varias novidades fronte a outras edicións. A festa da Música Independente é cada vez máis grande e, nesta ocasión, o público tamén poderá desfrutar dos Premios. Para a cerimonia de entrega, UFi poñerá á venda numerosas localidades para que os fans poidan vivir a festa desde dentro e formar parte desta cerimonia que buscar non só premiar aos protagonistas máis destacados do xénero, senón tamén involucrar de maneira activa a todos os amantes do mesmo.

 

Foto © Gianfranco Tripodo

 

Outra gran novidade nesta edición é o ‘Premio á Mellor Letra Orixinal’, un aspecto esencial da música que merece o seu propio galardón. Serán elixibles aquelas composicións literarias orixinais escritas en español, catalán, euskera e galego. E, logo do parón da música ao vivo en 2020, e xa que en 2021 as medidas sanitarias permitiron o seu retorno, recupérase o ‘Premio a Mellor Directo’. Ademais, cambia tamén a normativa no premio ‘Mellor Artista Emerxente’; aqueles gañadores ou artistas nomeados en edicións anteriores nesta categoría deberán presentarse a ‘Artista Nacional’.

 

A 22 categorías que se premiarán son:

Álbum do Ano • Canción do Ano • Mellor Artista • Mellor Artista Emergente • Mellor Videoclip • Mellor Directo • Mellor Álbum de Pop • Mellor Álbum de Rock • Mellor Álbum de Música de Raíz • Mellor Álbum de Jazz • Mellor Álbum de Flamenco • Mellor Álbum de Clásica • Mellor Gravación de Músicas Urbanas • Mellor Gravación de Electrónica • Mellor Álbum en Catalán • Mellor Álbum en Euskera • Mellor Álbum en Galego • Mellor Artista Internacional • Mellor Produción Musical • Mellor Deseño Gráfico • Mellor Letra Orixinal • Premio de Honra Mario Pacheco

 

ℹ️ Bases

 

 

  noticias