• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 CANCIÓNS CUN TÍTULO TAN LONGO COMO CHE PARECE O INVERNO

11 cancións cun título tan longo como che parece o inverno
16 XUÑO 2016

Este mes de xuño estreamos sección en GalicianTunes: listas temáticas de once elementos. Por que 11? Porque nesta comÚN UNidade que somos, o 1 é o noso número favorito, o número que mellor nos define. Moitas persoas unidas por unha paixón: a música que se fai en Galicia. Así que non podía ser doutra forma que repetíndoo. Que bonita cifra o 11, verdade? Pois velaquí a primeira.

Cando pensabamos que poucas cancións podían ter un título máis largo que o mil veces cantado Supercalifragilisticoespialidoso, chegan os músicos de GalicianTunes e nos sorprenden. Esta é unha lista especialmente dedicada a aqueles temas cun título case tan extenso coma longo che parece o inverno, ese título no que a metade de frase tes que facer unha paradiña para respirar e que cando terminas de lelo, xa rematou a canción. Deixámosvos cunha mostra do creativos que poden ser os músicos de GalicianTunes á hora de titular as súas composicións.

 

1. Canción para pechar a parte de abaixo do RutaAtaque Escampe

 

2. Medo a perder as lentillas noutro paísDuister

 

3. The Dialogue I Would Like to Have with the Woman Without SurprisesJamie Fifthring

 

4. Historia de un amor sin respuesta y la muerte que acechaJavier Otero Neira


 

5. Dedicated To Us, But We Weren't ListeningAmoeba Split


 

6. El culto al cargo o cómo hacer llegar el objeto maravillosoTriángulo de Amor Bizarro


 

7. Soneto da seta e o neto e máis na nata e o sotoNarf


 

8. The Machine Will Be Prevented From Working At AllCró!


 

9. Epigrama de esterco ou zarzuela da troika canhiLiviao de Marrao


 

10. Todo o que poderías ter sido de non ter elexido ser o que eresXacobe Martínez Antelo Quinteto


 

11. No decir al cliente lo que quiere y cuando quiereSilvia Penide


 

ETIQUETAS

  noticias