BAIUCA E TANXUGUEIRAS POÑEN O ACENTO GALEGO Á GALA DOS XIV PREMIOS MIN
Onte á noite, o Navarra Arena de Pamplona acollía a gala de entrega dos XIV Premios MIN; unha cerimonia que reuniu a uns 600 convidados e a medio milleiro de persoas como público. Organizados pola Unión Fonográfica Independente (UFi), esta edición dos MIN procuraba achegar a música e abrirse ao público e onte, no Arena, acadouno: entre os asistentes atopábanse desde os máis fieis seguidores ata autoridades políticas e institucionales, pasando polos artistas e grupos nomeados e profesionais da industria.
Coa tamén galega Carolina Iglesias (@percebesygrelos, Estirando el Chicle) como mestra de cerimonias, a gala tivo un marcado acento feminino con Zahara como gran triunfadora da noite cun total de seis galardóns, entre os que destacan Mellor Álbum do Ano ou Mellor Álbum de Pop, seguida por Rigoberta Bandini e o seu dobrete: Mellor Artista e Mellor Canción por “Ay Mamá”.
De entre os 11 proxectos galegos finalistas, Baiuca, ademais de clausurar a gala coa interpretación de “Diaño”, trouxo dous Premios para a casa: Mellor Gravación de Electrónica e Mellor Álbum en Galego, ambos por Embruxo (2021). «Unha noite para min redonda, a primeira edición que viña nomeado e encantado de que o resultado fose este», confesaba o produtor galego.
© Jacobo Medrano
O acento galego desta edición complétano Tanxugueiras, que non puideron asistir, galardoadas co Premio AIE ao Mejor Artista Emerxente.
ℹ️ CONSULTA A LISTAXE DE GAÑADORES DOS PREMIOS MIN 2022
> Premio The Orchard ao Álbum do Año: PUTA de Zahara
> Premio Amazon Music á Mellor Artista: Rigoberta Bandini
> Premio AIE a Mellor Artista Emerxente: Tanxugueiras
> Premio Radio 3 á Canción do Año: “Ay Mamá” de Rigoberta Bandini
> Premio AGEDI ao Mellor Álbum de Pop: PUTA de Zahara
> Mellor Álbum de Rock: MKMK de Maika Makovski
> Mellor Gravación de Electrónica: Embruxo de Baiuca
> Mellor Álbum de Música de Raíz: Errantes Telúricos/Proyecto Toribio de Los Hermanos Cubero
> Mellor Gravación de Músicas Urbanas: Divertimentos Vol. 2 de Kase.O
> Mellor Álbum de Flamenco: Tremenda de Rosario la Tremendita
> Mellor Álbum de Jazz: Bach (Re)Inventions de Moisés P. Sánchez
> Mellor Álbum de Música Clásica: Cantigas del Códice de Toledo de Eduardo Paniagua
> Premio Sympathy for the Lawyer ao Mellor Videoclip: Guillermo Guerrero por “Merichane” de Zahara
> Premio Ticketmaster ao Mellor Directo: Maria Arnal i Marcel Bagés
> Premio SAE Spain á Mellor Produción: Martí Perarnau IV por PUTA de Zahara
> Premio Institut Ramon Llull ao Mellor Álbum en Catalán: Parc de Ferran Palau
> Premio Etxepare Euskal Institutua ao Mellor Álbum en Euskera: Kondaira eder hura de Verde Prato
> Premio ao Mellor Álbum en Galego: Embruxo de Baiuca
> Mellor Artista Internacional: IDLES
> Mellor Letra Orixinal: “Merichane” de Zahara
> Premio Marilians ap Mejor Deseño: Emilio Lorente por PUTA de Zahara
> Premio de Honra: Paco Clavel