11 SOBRE A LINGUA QUE FALAMOS
Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), poeta natural do Barco de Valdeorras (Ourense) recoñecido por ser unha figura integradora e unitaria dentro do corpo activo do exilio, sen perder a identidade galeguista. Ata o ’36, os seus poemas en defensa da lingua e da terra foron recollidos en publicacións galegas e bonaerenses; despois, xa exiliado en México, FDG introduciría verbas da lingua náhuatl en diálogo co galego, o que el denominaría como poesía crioula; pouco tempo despois, participaba nun concurso para traducir de poemas ingleses e franceses ao galego.
Como el, moitos artistas reivindican o uso da nosa lingua do mellor xeito que saben: desde a literatura, a música... Por iso, e para continuar coa defensa do galego, sonora neste caso, que caracterizou a FDG durante tantos anos, seleccionamos once cancións dos nosos artistas e grupos que cantan ao galego e en galego.
A fala, Uxía ft. Tanxugueiras e Faia
Superlingua, A Gramola Gominola
Deitado frente ao mar, García Mc
Coa lingua de fóra, Quempallou
De Seu, Cuarteto Caramuxo ft. Mercedes Peón
Adondar na lingua, A banda da Loba
En galego NON mola, SonDaRúa
Rexurdimente, De VACAS
Cantiga de berce, Fuxan os Ventos
Herdeiros da ditadura, Dios Ke Te Crew
Lingua, Vudú