E AS MELÓMANAS 2023 FORON PARA...
As Melómanas dos X Premios Martín Códax da Música xa teñen dono! Organizados pola asociación Músicas Ao Vivo, co apoio da Xunta de Galicia, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu onte á noite a Gala dos Premios, conducida por dúas grandes figuras da cultura galega: Rosalía de Castro (Isabel Risco) e Eduardo Pondal (Fran Rei), do Dúo Vaguedades.
E as Melómanas 2023 foron para...
METAL/HEAVY
Arrhythmia
CANCIÓN DE AUTOR/A
Su Garrido Pombo
BLUES, FUNK E SOUL
Udra
ELECTRÓNICA
Terrae
MÚSICA FOLK
Quico Comesaña + Grupo
MÚSICA TRADICIONAL
Ailá
Perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes
MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE
Ton Risco e Marcos Teira
BANDAS DE MÚSICA POPULAR
Banda de Música Cultural de Salceda
ROCK/PUNK
Moura
Perfil en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (9/11/20)
MÚSICAS URBANAS
Sila Lua
ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA
Orquesta La Ocaband
MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA
Mario G. Cortizo
JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS
David Regueiro Trio ft. Alexandre Cavaliere
POP/INDIE
Momboi
MÚSICA INFANTIL
Pillaband
ARTISTA EMERXENTE
Sergio de Miguel
ORGANISTRUM: SALAS
Sala Rebullón
ORGANISTRUM: FESTIVAIS
Foliada da Fonsagrada
ORGANISTRUM: PROXECTOS DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL
GalicianTunes : )
HONORÍFICO: LUZ CASAL
O Premio Honorífico desta edición foi entregado a Luz Casal, quen, cos seus máis de 40 anos de traxectoria musical, é indubidablemente unha das voces máis valoradas na escena europea deste século. A directiva de Músicas Ao Vivo destacou a súa «forma de construír a súa carreira, que é un paradigma para a comunidade artística», ademais da «riqueza, delicadeza e inconformismo como intérprete e compositora». Emocionada, Luz respondeu durante a entrega do galardón dicindo que, «se teño que ser exemplo de algo, que sexa de perseveranza, porque cando amas a música, non hai límites».