11 PARA SUPERAR O NON ES TI, SON EU
Nalgún momento da nosa vida, a todos nos tocou pasar por unha ruptura... pero non todos a levamos do mesmo xeito. Con San Valentín asexando (e Cupido preparado para enleala de novo), esta selección de 11 temas dos nosos artistas e grupos está feita para os que viviron un «non eres ti, son eu», «mereces algo mellor» ou «necesito espazo» e queren pasar páxina buscando refuxio na música. Preme play, é o teu momento de levantar a cabeza, darlle ritmo a aquilo que nos marcou e hoxe é xa unha simple lembranza, que como diría a gran Celia Cruz, «a vida é un carnaval e as penas vanse cantando»... e bailando!
Vamos a ver, Sinestesia
Llorando por ti, Rayotaser
Non estabas, Minguante
Un futuro sen ti, Lontreira, Berto
Mejor sin ti, Juanjo Rodal
Amantes mariposa, Igloo
Ya no te veo, Novedades Carminha ft. Dellafuente
Blaster W4u, The Rapants
O solar, Ortiga
Ladrón de corazóns, Cita Doble
Non quero nada de ti, Heredeiros da Crus