COÑECE OS FINALISTAS DA XII EDICIÓN DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA. VOL I

Os finalistas que optan aos XII Premios Martín Códax da Música, galardóns que contan co apoio da Xunta de Galicia, suman un total de 45 proxectos repartidos en 15 categorías musicais, aos que hai que engadir outros nove que se corresponden cos Premios Organistrum (Espazos de Comunicación Musical, Festivais e Salas) e tres por Artista Emerxente.
Logo dunha primeira fase de votación realizada por un xurado profesional, da que saíron estes finalistas, agora é o turno do público. A votación popular estará aberta ata o vindeiro 25 de maio para que, ademais dos socios e socias de de Músicas ao Vivo, o público xeral poida ter unha maior participación efectiva no certame. Como facelo? Rexistrándose previamente en premiosmartincodaxdamusica.gal e seguindo estas sinxelas instrucións.
Ao longo de tres volúmenes presentaremos os finalistas desta edición; nesta primeira entrega repasamos as categorías de Rock/Punk, Metal/Heavy, Músicas Urbanas, Canción de Autor/a, Música Infantil e Orquestras, Grupos e Música de Verbena. Organizada pola Asociación de Músicas Ao Vivo, a gala terá lugar o mércores 28 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
ROCK E PUNK
Os John Deeres
Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (8/2/21)
Loita Amada
Mad Martin Trio
METAL E HEAVY
Acouga
Brutal
Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (13/5/24)
Sicixia
MÚSICAS URBANAS
Amoebo
Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (8/1/24)
Hugo Guezeta
Nadie González
CANCIÓN DE AUTOR/A
Migui Bouzó
Rocío Caamaño
A Pedreira
MÚSICA INFANTIL
Brais das Hortas
Golfiño
Pakolas
Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (12/10/20)
ORQUESTRAS, GRUPOS
E MÚSICA DE VERBENA
A banda da Balbina
Los Satélites
Son das Tabernas