Vídeos
Nordestina
DARÍO MOREIRA
A finais de decembro de 2017, de madrugada, o canto dun merlo na fiestra inicia sen sabelo un proceso compositivo que dura 12 días. Nese tempo saíron á luz 12 composicións que teñen varias claves como fío condutor ritmos que conectan, como raíz coa Terra, o latexo das diferentes culturas musicais. Comeza así un percorrido xeográfico que nos leva a imaxinar os itinerarios que percorre a creatividade ao longo dos tempos. Esta peza forma parte do libro "12 Estudías para guitarra"; libro publicado en marzo de 2019. Esta composición mergúllase no son e o ritmo de Baião, un xénero musical brasileiro, orixinario de África, que naceu e medrou no sertão nordestino, como forma de expresión musical dunha cultura mixta entre indíxenas, africanos e europeos; coa influencia da literatura de cordel, da Idade Media, e o canto chairego dos misioneiros. En Portugal interpretase música co mesmo nome, o que nos dá unha imaxe das relacións culturais da lusofonía, e a súa vinculación con Galicia.
Máis vídeos de Darío Moreira