Vídeos
A costa alentexana
ANXO ARAÚJO
Videoclip de "A costa alentexana" de Anxo Araújo, tema incluído no dobre single "Viva a costa alentexana" (2025).
Realización: Miguel Méndez 'Fotomatong'
Protagonizado por Marina Carpente e Allo
Coa aparición de Fergi e Marte Martinka
Acompañamento: Ángela Vila
A COSTA ALENTEXANA
Entramos xa na recta final
destes días sen vernos.
Contamos cada segundo
que falta para poder comernos.
E subir ata o ceo
e dende alí arriba
soprarlle a esas últimas néboas
para que se vaian.
No espazo, entre as estrelas,
non hai lugar para as pantasmas.
Non seremos infinitas
pero farémonos eternas.
Como cando fomos, amor,
á costa alentexana
e aquel aire con restos de sal
ergueu as persianas.
Como cando fomos, amor.
Como cando fomos, amor,
e non se vía máis que horizonte.
Nada que impedise soñar.
Collamos o mesmo resorte e a voar.
Gravado entre Unha Casa Calquera, Garaxeland e a FauHaus
Técnico Garaxeland: Edu Vidal
Composición e produción: Anxo Araújo
Mesturado por Anxo Araújo en Unha Casa Calquera
Masterizado por Victor Garcia en Ultramarinos
Anxo Araújo: voces, guitarras, baixos, pianos e sintetizadores
Faus Camaño: baterías, percusións e palmas
Borja López: ventos
Máis vídeos de Anxo Araújo