• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Animal

XISCO FEIJOÓ

"As ferreñas son as uñas contra o granito
e o canto aberto da muiñeira é o puño esfarelando un torrón

As pernas arrepoliñan no camiño o baile despois dos traballos
o frío tolle as maus e a pandeireta é un roubo que lle fixemos ó vrau

Hai unha gaita que lle chaman grileira
o grilo ten o alento da creación

As uñas medran para marcarche o lombo
e chove porque as uñas mandan nas nubes cando non van moi altas

Deus baixou hoxe axudar no sitio dunha vaca coxa
e preguntou o home, Chegaralle co caldo?

Tanto era o cariño
que esmagaba as uñas
contra o pandeiriño"

'Celso Fernández Sanmartín'

Máis vídeos de Xisco Feijoó

Peixe

XISCO FEIJOÓ