• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Augurio

HYDN

Producida por Chris Indian e con guitarra de Javier Limón, 'Augurio' é unha canción escrita por hydn tras a morte do seu avó. Chega ademais acompañada por un videoclip en tres actos, narrando á perfección o proceso do dó: o primeiro shock e tristeza inicial, a ira e a aceptación.

hydn móstranos a súa versión máis intimista neste vídeo, dirixido por Xaime Miranda e Iago Vilarinho —sendo este último tamén Director de Fotografía da peza—, e ambientado nunha Galicia postapocalíptica. Producido pola propia hydn e con idea orixinal tamén súa en colaboración con Xaime Miranda, a historia reflicte á perfección a perda, a dor e o proceso de deixar ir, a través dunha viaxe.

Máis vídeos de hydn

BaddeR, wicKed

HYDN

Dáche Igual

CHRIS INDIAN, HYDN

Bella Hadid

HYDN

Drowning Fire (live)

HYDN

Drowning Fire

HYDN