Vídeos
Mestre
BUXA
"Mestre" é o noso primeiro videoclip. Foi realizado en colaboración coa productora SIRADELLAfilms para conmemorar o centenario do falecemento do escritor Luís Antonio Mestre, quen tivo unha fonda relación coa vila do Grove. Aínda que Buxa é unha banda de música instrumental, esta vez incluímos o recitado dun poema. A peza musical é unha composición propia da banda e contén un poema deste autor, “Airiños da miña terra”, escrito no Grove en agosto de 1900. O vídeo conta con localizacións en lugares e edificios do Grove significativos na vida de Luis A. Mestre, como a súa casa, a Illa da Toxa ou a Laxe de Raeiros.CANTARES GALLEGOS“Airiños da miña terra”Pau da terra o meu fungueiro,pau da terra, ten baixadomuito lombo forasteiro.¡Cheira ben teu carabel!Xa sei qu-oxe, miña rula,á fartar bicache n-él.Sabeo ben xa tod-a-xentepara rillar n´o creto alleoteñen as meigas bo dente.Reina e d-as rapasiñas,fanlle á croa as volvoretas, fanlle a alfombra as anduriñas-Diante de min non fales, si che-ai criba pr´as mintirasa mina non e das tales.Non che ai mais, vella baldroas,non che ai mais qu´as nosas berzasnon che ai mais qu´a nosa broa.¡Foi xa aquelo!...O qu-oxe importae atrancar ben a lumeira,e fechar millor á porta.Eu acordocheme ben,feridiña que ti fagassempre n-a y´alma se ten.Non che pode ser bo agoiroó de estarche c-o fungueirorepinicando n-o coiro.Caladiño, caladiño,sempre calado, meu vello,que haiche orelas no camiño.Algo alí che po