Vídeos
Dance After Death
RAÚL MARIÑO
Os carballos comezan a sentir ós paxaros piar... Os últimos pasos dun rei xa se están a sentir nas distantes terras dos campos... Unha nova etapa está por chegar a un mundo sombrío e sen esperanza...Así é como os flautistas dan comezo aos contos de Hell, unha xove seguidora do Marfil, que quería contar as súas historias e inquietudes a través da música. Tras un accidental encontro nos bosques das súas terras e inspirada por unha carta a medio escribir, daría comezo ao Power Of Disharmony a través de Dance After Death, unha canción mística e tenebrosa, que non sería máis que o resultado de moitos anos de penumbra nun mundo afastado da nosa realidade...
Máis vídeos de Raúl Mariño
