• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

O PAXARO Making Sounds by Dani López

NELSON QUINTEIRO, BRAIS GONZÁLEZ

¿A que sona Galicia?
¡Galicia ten Música de Domingo!

Primeiro videoclip do disco "Músicas de Domingo" de Nelson Quinteiro e Brais González con banda sonora do tema "O Paxaro" que abre o noso vindeiro traballo discográfico (nelsonquinteiro.com)
Un tema de música tradicional galega cun arranxo moi especial para piano, percusión e contrabaixo de Brais Gónzález e voz de Nelson Quinteiro.
A interpretación conta con Blas Castañer á percusión e Raquel Miguélez ao contrabaixo. Con mestura e masterización de Gerardo Amigo (Fundación SGAE).

Para presentar o primeiro clip do noso disco escollimos o video "Making Sounds" do cineasta e documentalista Dani López (mandeorecords.com/) que encaixaba como anel ao dedo coa natureza e espíritu que buscabamos para dar cobertura visual a este tema.

Paisaxes e sons que encaixan coa nosa identidade, que dan conta do infinito tesouro do noso patrimonio ecolóxico, musical e inmaterial e sobre todo, da nosa calidade artística e profesional como pobo, representada en parte na nosa música pero, sobre todo, na figura de Dani López e do seu equipo, referente internacional, e a quen non dubidamos en homenaxear.

Máis vídeos de Nelson Quinteiro

Xota do Norte

NELSON QUINTEIRO & BRAIS GONZÁLEZ

Nun Bou

NELSON QUINTEIRO & BRAIS GONZÁLEZ

GHARBO! Making OFF

NELSON QUINTEIRO

Nelson Quinteiro presenta no programa Zig Zag (TVG) o disco

NELSON QUINTEIRO

Canto de Andar o Camiño

NELSON QUINTEIRO