Vídeos
O tambor de prata
VAAMONDE, LAMAS E ROMERO
O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica, acompañada de novo disco: O tambor de prata. Un repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives.Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto, que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.
Máis vídeos de Vaamonde, Lamas e Romero