• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Adiante

RUXE RUXE

Videoclip feito por Pixelin Photo
Canción de RUXE-RUXE incluída no álbum "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras"
Gravado e producido por Javier Abreu en Oceano Estudios (Nigrán, GZ).

O tempo pasa e é que o tempo non para
mentres arredo das nostalxias do pasado...pero
os cemiterios vanse enchendo de amores
o corazón vai baleirando de amizades

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!

...e ás veces son monstros enormes que dan medo,
e ás veces son pantasmas que se meten dentro,
dentro de min no máis profundo do cerebro
e roen todo, esgazan, rompen, rachan todo.

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!

...e ás veces cambia o tempo e dóeme todo
e caio ao chan e peto forte contra o fondo,
e "nockeado" collo aire no curruncho,
limpo as feridas, paro a conta e loito

E a cada paso malo e a cada mal momento
miro de erguerme, poñome en pé e berro!!!

ADIANTE, ADIANTE...SEMPRE ADIANTE !!!

Lobican Records.

Máis vídeos de Ruxe Ruxe

Sae o Sol

RUXE RUXE

Dodge Charger

RUXE RUXE

Non Temos Medo

RUXE RUXE

Nada Máis

RUXE RUXE

Na miña taberna

RUXE RUXE

Cancións ceibes

RUXE RUXE

Estado Miseria

RUXE RUXE

Rock do país

RUXE RUXE

Buratos

RUXE RUXE