• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Sete chorares

VIZCAÍNO

Esta canción trata sobre unha historia de amor verdadeiro que transcorreu nun setembro mollado nos anos da fame cando a furia e o medo queimaba as veas. Eran anos de apretar os dentes, cruzar os dedos e de chorar en silencio pola necesidade de voar.

A prensa escrita de hai uns anos recuperou unha carta que un xoven escribira á súa amada cando esta tivo que marchar cos seus pais lonxe deste recuncho do mundo, de aí saiu a idea de transformar este historia en canción. Contaba na carta que estivera chorando sete días coas súas sete noites. Non se me ocorreu mellor título para esta humilde homenaxe á nosa emigración galega que "Sete chorares".

Filmado no embalse de Vilasouto (O Incio) e realizado por Retrovan Records.

Máis vídeos de Vizcaíno

Serendipia

VIZCAÍNO

Restos de escenario

VIZCAÍNO

Por esta vez

VIZCAÍNO

Alas de papel

VIZCAÍNO