• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Salto al vacio

NORTONES

Non é un documental, nin unha curtametraxe, senón un videoclip. «Naceu como tal, pero foi crecendo ata acuñar un novo termo, cineclip. É unha peza concibida con todos os elementos do cinema, como unha coidada fotografía, movementos de cámara cinematográficos e un elenco de actores importantes que levan o peso da historia», destaca Pedro Folla Salorio, director da produtora audiovisual Dreamovie e director deste proxecto.

Ademais dos compoñentes de Nortones, no cineclip participan actores de primeira linea: Monti Castiñeiras (Fariña, Serramoura,Hospital central...), Tacho González (Piratas, Hospital central, Pratos combinados...), Carlos Castel (Nada es para siempre, Al salir de clase, Amar en tiempos revueltos...). Antonio Mourelos (El final do camino, El secreto de puente viejo, El tiempo entre costuras...), Miguel Pernas (Pazo de familia, Valderei...) tamén intervén a cantante Cia Campillo como criada (Cia Campillo fai unha colaboración no tema "Quédate" do novo disco da banda) e o presentador, actor e manager da banda Héctor Arteaga (Arteaga & Friends, Vivir sin permiso, El final del camino, The legend of the blue sea...) no papel de mordomo.

Rodado en 5K. Rede Epic, coma se fose "Piratas del Caribe" ou "Avatar", e con Jaime Pérez (El Desconocido, El final del camino ou Vivir sin permiso) como director de fotografía.
O cineclip ademais conta cunha espectacular localización como é o Pazo de Vilaboa (A Coruña).

Máis vídeos de Nortones

Buenas Noches (Directo Acústico)

NORTONES

Quédate (Directo acústico)

NORTONES , CIA CAMPILLO

Sobrenatural (Directo acústico)

NORTONES