Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)
Edificio Área Central, local 26. 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) Contacto: Beatriz Fernández Rivera (+34) 981 937 887 http://www.agem-musica.com xerencia@agem-musica.com
A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) nace en 2007 para defender os intereses profesionais das empresas galegas que provén servizos no ámbito da música ao vivo, incluíndo produtores, promotores, managers e editoras fonográficas.PRINCIPIOS FUNDACIONAISConstitúen o motivo que a nosa asociación se teña constituído, polo que, de seguido, ofrecemos os que son os máis relevantes:—Representar a todos os seus asociados e desenvolver os seus intereses económicos e a promoción dos seus intereses profesionais, laborais, sociais e culturais, tanto individuais como colectivos.—Crear un panel para intercambiar ideas e experiencias en beneficio do exercicio da profesión, da promoción, produción e distribución de concertos musicais.—Conseguir e manter unha solidariedade entre promotores, produtores e axentes distribuidores de concertos respecto dos seus valores éticos e profesionais.—Manter o contacto necesario con outras organizacións afíns de calquera ámbito territorial co fin de prestarse mutua colaboración e tamén intercambiar experiencias en materia profesional que redunden no beneficio da asociación e dos seus asociados. Para ese efecto, establécese como principio programático federarse con outras asociacións que integren a cadea de valor da música, con idéntico ámbito territorial, para a defensa dos intereses comúns.—Negociar e chegar a acordos con diferentes organizacións, institucións e administracións públicas, empresas ou calquera persoa física ou xurídica de calquera lugar do mundo con respecto a temas que interesen e/ou afecten aos membros da asociación no desenvolvemento das súas actividades.