• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

A Tempo

A Tempo

Praza da Castaña 2-baixo 36002 Pontevedra


Contacto:
Miguel Rodríguez
653 366 208


atempo.org@gmail.com

A escola de música A Tempo créase no ano 1998 co obxectivo de:

-Promover os estudos de jazz e música moderna, e tamén os estudos de música en xeral, en especial a formación musical infantil, a través de unha estructura organizada e sustentada en programas de estudios avalados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

-Procurar a combinación de ensino teórico e práctico, a través da práctica en diferentes grupos: combos, música de cámara, orquestra, coro, etc... en colaboración con profesores e profesionais de prestixio.

-Proporcionar axuda a todos os que pretendan estudiar música dende os niveis iniciais ata os estudos profesionais. Os nosos programas de estudios adáptanse as necesidades do alumno, dende a preparación de provas de aceso a escolas superiores de música moderna de España e Portugal, a conservatorios e tamén formación musical a afeccionados de todas as idades.

-Organizar seminarios, aulas maxistrais e sesións musicais a cargo dos profesores, alumnos e grupos da escola, procurando espazos de relación con outros alumnos e profesores, posta en práctica do estudiado a través das sesións de música.