Culturactiva
Rúa Triacastela 3, Baixo. 15703, Santiago de Compostela Contacto: Manuel Roxo (+34) 981 582 836 +34 619 93 33 48 www.culturactiva.org info@culturactiva.org
Culturactiva somos unha cooperativa desde a que distribuimos e producimos música, teatro e circo desde o ano 2000. Máis de 25 anos de traballo e compromiso coa cultura como motor de cambio, como ferramenta de transformación para mellorar a sociedade na que vivimos a través do deseño de proxectos culturais, servizos de produción, imaxe, comunicación e booking. Cada ano levamos a cabo arredor de 1.000 actuacións de música, teatro cómico, circo (en festivais, rúas e prazas, auditorios, etc) ademais de diversos proxectos coma o Festiclown, Festigual, MUMi, Mover os Marcos, etc. Somos fundadores de Pallasos en Rebeldía, unha rede artística internacional que promove a solidariedade, a cultura e a risa como ferramentas para a transformación social con proxectos coma o Festiclown Palestina en territorios ocupados de Cirsxordania, caravanas artísticas, producións e cursos por todo o mundo. Culturactiva confecciona programacións culturais para todos os gustos e petos cunha gran versatilidade, e traballa cun gran abano de artistas galegos de calidade como Mercedes Peón, Xurxo Fernandes, A Orquestra Bravú Xangai, O Sonoro Maxín, etc, ademais de distribuir outros nomes estatais e internacionais en Galicia, como Cristina Branco (Portugal), Queralt Lahoz (Catalunya), Ana Tijoux (Chile), Amparanoia (Madrid), etc.
