• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Golfiño Records

Golfiño Records

Pol. de Toedo, Parcela C-5. 36680 A Estrada (Pontevedra)


Contacto:

(+34) 986 590 055


correo@golfinorecords.es

Golfiño Records é un selo discográfico independente creado por Audia servicios audiovisuales. Ofrecémoslles aos intérpretes e autores musicais a posibilidade de divulgar as súas creacións coa garantía dun traballo serio, honesto e transparente.

Grazas á nosa estrutura empresarial estamos en condicións de producir de maneira integral ao artista. O noso método de traballo baséase en:

PRODUCIÓN ARTÍSTICA:
O descubrimento do artista buscando un son característico que lle proporcione unha identidade definida.

GRAVACIÓN:
Analizamos o material durante o proceso de gravación no estudio, coordinando as sesións de gravación e mestura para conseguirmos o obxectivo proposto.

EDICIÓN E ASESORAMENTO LEGAL:
Editamos a obra se é autor, arranxador, intérprete ou executante mediante acordos coas diferentes sociedades de xestión de dereitos.

PROMOCIÓN:
Poñemos en marcha todos os mecanismos necesarios para promover o interese das grandes empresas multinacionais ofertándolles o noso produto.

DISTRIBUCIÓN:
Iniciamos un proceso de penetración no mercado a través dos medios de comunicación en colaboración coa nosa distribuidora, mantendo o interese do mercado tanto da obra coma da imaxe dos nosos representados.

MANAGEMENT:
Así mesmo ocupámonos de promocionar os nosos artistas conseguindo contratos para actuacións, para isto contamos con persoal no ámbito promocional.

Desde Golfiño Records poñemos especial interese en promocionar os estilos que consideramos de futuro como son o hip hop, a música electrónica, o jazz, a bossa e o eterno pop en todas as súas vertentes sen descoidar os sons propios de Galicia, como apostas culturais.

Con todo, en Golfiño Records non deixamos de lado os clientes que queren editar as súas obras ou simplemente gravar un cd como músicos afeccionados. Para isto dispoñemos dun selo especial dedicado a cubrir esta demanda cada vez máis ampla en Galicia. Cunhas tarifas realmente accesibles podemos facer realidade o seu proxecto.