O Cable Inglés S. Coop Galega
Pai Ramón Maria Aller, 6, 9º E. Vigo (Pontevedra) Contacto: Nuria Pérez (+34) 695 881 074 (+34) 986 071 891 http://www.ocableingles.com info@ocableingles.com
O Cable Inglés é unha cooperativa que nace coa idea de dar resposta ás demandas culturais dun xeito integral. O noso obxectivo é propoñer solucións culturais a medida,capaces de integrar cantos servizos sexan precisos para levar a bo termo cadaexperiencia cultural.Rescatamos o noso nome dun dos episodios máis descoñecidos da Historia de Galicia, porén tamén un dos máis frutíferos dende o punto de vista cultural, social, deportivo e económico. O tal suceso comezou en 1873, cando a ETC Eastern Telegraph Company se instalou na cidade de Vigo para tender o primeiro cable telegráfico submarino que unía o continente europeo co resto do mundo. Durante máis dun século Vigo foi a porta de entrada a Europa de todos os grandes acontecementos internacionais. Nas faldas do monte do Castro instalouse unha comunidade británica que durante máis de cen anos transformou as dinámicas da cidade e fixo grandes achegas ao noso patrimonio inmaterial. O Cable Inglés tamén trouxo o fútbol, o tenis, a cervexa e o viño do Porto, pero sobre todo trouxo cultura. Por debaixo do mar Galicia comunicábase co mundo.En 2012 O Cable Inglés Cooperativa Cultural recupera esta parte da memoria do noso país como metáfora para crear e comunicar cultura. Xuntando as experiencias de catro profesionais especializadas en xestión, produción, deseño e comunicación, O Cable Inglés ofrece servizos de xestión integral de proxectos culturais sostibles e implicados co territorio e cos seus habitantes.O que facemos son traxes culturais a medida. Funcionamos como unha cooperativa cultural de traballo asociado, onde cada unha das socias fundadoras aporta a súa experiencia nos eidos do deseño, a xestión, a produción e a comunicación; e complementamos esta bagaxe coas achegas dos nosos socios colaboradores para dar resposta a demandas máis concretas como a fotografía, o audiovisual, a ilustración, a animación, o son, a música, as artes escénicas, a pedagoxía, a tradución, a interpretación, gastronomía, a moda...Esta estrutura permítenos ofrecer un amplo catálogo de servizos que poden ser contratados polos nosos clientes de xeito integral ou individualizado: XESTIÓN INTEGRAL :—Deseño e implementación de proxectos culturais—Creación de ideas, contidos e experiencias culturaisPRODUCIÓN DE EVENTOS E ACTIVIDADES CULTURAIS:—Concertos, festivais, exposicións, presentacións, feiras, xornadas—Xestión e contratación de artistas—Programación—Produtos editoriais e audiovisuaisCOMUNICACIÓN:—Deseño e implementación de estratexias comunicativas—Deseño e xestión de Plans de Comunicación 2.0—Gabinetes de prensa de eventos e produtos culturais—Promoción e publicidade en medios—Deseño e redacción de publicacións—Guionización e realización de produtos audiovisuais—Cobertura fotográfica e audiovisualDESEÑO:—Arte e imaxe gráfica—Deseño editorial—Imaxe Corporativa—Desenvolvemento de campañas promocionais e merchandising—Proxectos web