• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

BAIUCA & ALBA RECHE FAN PLENO NOS XVI PREMIOS MIN

BAIUCA & ALBA RECHE FAN PLENO NOS XVI PREMIOS MIN
18 ABRIL 2024

Onte á noite, o Auditorio da Sala Multiusos de Zaragoza acollía a gala de entrega dos XVI Premios MIN; unha cerimonia que reuniu a cerca de 700 convidados da industria musical. Organizados pola Unión Fonográfica Independente (UFi), o Auditorio foi testemuña dunha velada chea de música, ilusión, risos e tamén reivindicación.

De entre os 14 proxectos galegos finalistas, ou con algún galego implicado*, BAIUCA & Alba Reche foron os protagonistas da noite. “Diamante / La Mare”, a súa colaboración de electrónica e folclore galego, levouse os tres premios aos que estaba nomeada: Canción do ano, gravación de electrónica e produción musical. Ademais da súa actuación na gala, Xoel López, tamén foi galardoado co premio a mellor álbum de pop por Caldo Espírito (Esmerarte, 2023). O Mellor Álbum en Galego desta edición foi para II (Ernie Records, 2023) de Grande Amore, mentres que o galardón á mellor Letra Orixinal se o levou Ginebras* por “Billie Max”.

 

 

Foto © Ana Escario 

BAIUCA & Alba Reche

Ver en galiciantunes

Canción do ano: “Diamante” • Gravación de electrónica “Diamante / La mare” • Produción musical: Alejandro Guillán por “Diamante / La Mare”

 

 

 

Ginebras*

Letra orixinal: “Billie Max”

 

 

 

Foto © Ana Escario

 

Grande Amore

Ver en galiciantunes

Álbum en galego: II (Ernie Records, 2023)

 

 

Foto © Ana Escario

 

Xoel López

Ver en galiciantunes

Álbum de pop: Caldo Espírito (Esmerarte, 2023)

 

 

Foto © Ana Escario

 

️ CONSULTA A LISTAXE DE GAÑADORES DOS PREMIOS MIN 2024

 

Mellor Álbum Galego: Grande Amore por II

Mellor Álbum en Catalán: Renaldo & Clara por La Boca Aigua

Mellor Álbum en Euskera: IZARO por Cerodenero

Mellor Álbum: Cala Vento por Casa Linda

Mellor Gravación de Electrónica: Baiuca & Alba Reche por Diamante / La Mare

Mellor Videoclip: La La Love You por “El Principio de Algo”

Mellor Álbum de Jazz: Perico Sambeat por Roneando

Mellor Gravación de Músicas Urbanas: P*TOCHINOMARIC*N por Pasadas de Moda

Mellor Álbum de Clásica: EGERIA por Imperatrix Agatha. Monodías y polifonías del Tropario de Catania

Mellor Álbum Pop: Xoel López por Caldo Espírito

Mellor Álbum de Rock: Cala Vento por Casa Linda

Mellor Produción Musical: Baiuca & Alba Reche por Diamante / La Mare

Mellor Letra Orixinal: Ginebras por “Billie Max”

Mellor Deseño Gráfico: Paula de Álvaro por el Diseño de OKDW 08880

Mellor Álbum de Música de Raíz: Valeria Castro por con cariño y con cuidado

Canción do Ano Baiuca & Alba Reche por Diamante / La Mare

Mellor Artista Emerxente: Valeria Castro

Mellor Directo: Morgan por su directo en el WiZink Center de Morgan And The Golden Family

Mellor Artista Internacional: Sufjan Stevens por Javelin

Mellor Artista: Zahara

Mellor Álbum do Ano: Cala Vento por Casa Linda

 

  noticias