E OS MELÓMANOS FORON PARA...
Os Melómanos dos XI Premios Martín Códax da Música xa teñen dono! Organizados pola asociación Músicas Ao Vivo, co apoio da Xunta de Galicia, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu onte á noite a Gala dos Premios, conducida polo lendario Xurxo Souto dos Diplomáticos de Monte Alto.
O Premio Honorífico desta edición foi entregado a Emilio Cao, quen, cos seus case 50 anos de traxectoria musical é considerado unha figura clave na apertura da música galega no ámbito internacional destacando o seu papel pioneiro e renovador. Recoñecido por recuperar a arpa celta para a música galega, instrumento esquecido desde o medievo e ao que se enfrontou de maneira autodidacta, Emilio Cao é un dos grandes artistas da música de noso país desde que comezou a súa «peregrinaxe» musical nos anos setenta.
Her Anxiety
METAL/HEAVY
Guadi Galego
CANCIÓN DE AUTOR/A
Entrevista en galiciantunes: «Todas as músicas reparan, unhas consolidan e outras rachan, algunhas doen e outras calman» (29/3/2021)
Brais Morán & Nasaufunk
BLUES, FUNK E SOUL
Entrevista en galiciantunes: «‘Revolución Chic’ é unha volta aos cimentos cos que medrei, ao que sempre me inspirou» (26/2/2024)
Mondra
ELECTRÓNICA
Caamaño & Ameixeiras
FOLK
Entrevista en galiciantunes: «O feito de ter a ritoloxía popular como leitmotiv resultounos tremendamente inspirador» (20/11/2023)
Os Melidaos
MÚSICA TRADICIONAL
Catuxa Salom
MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE
Agrupación Musical de Goián
BANDAS DE MÚSICA POPULAR
Terbutalina
ROCK/PUNK
hydn
MÚSICAS URBANAS
Entrevista en galiciantunes: «Hydn pode ser a túa vilá ou heroína favorita, todo depende dos ollos cos que a mires» (4/9/2023)
América de Vigo
ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA
Carme López
MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA
Pablo Sanmamed Trío + Benxamín Otero
JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS
Lucía Aldao
POP/INDIE
Uxía Lambona e a Banda Molona
MÚSICA INFANTIL
Gloria Pavía
ARTISTA EMERXENTE
Miudiño Sessions
ORGANISTRUM: PROXECTOS DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL
As Nosas Músicas de Couso
ORGANISTRUM: FESTIVAIS
A Arca da Noe
ORGANISTRUM: SALAS
Premio Honorífico 2024: Emilio Cao