• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 DE CORDAS PARA LUÍSA VILLALTA

11 DE CORDAS PARA LUÍSA VILLALTA
17 MAIO 2024

Hoxe, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora, docente e violinista galega Luísa Villalta. A coruñesa traballou en distintos campos (poesía, narrativa, ensaio, música) destacando como «creadora dunha obra singular e sólida, que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega durante a segunda metade dos 80 e os primeiros anos dos 90». Villalta era tamén unha apaixonada da música, especialmente do violín —ou violino, como lle gustaba chamarlle ao seu instrumento— formando parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela, ademais doutros grupos de cámara.

Como ela, en GalicianTunes hai unha chea de artistas amantes das cordas (violín e violonchelo) e seleccionamos a once delas en recoñecemento á súa memoria e ao seu traballo.

 

 

Antía Ameixeiras

Caamaño&Ameixeiras, “Ai de min”

 

 

Jimena Andión

Samudra Trio, “Mélanie Bonis: Suite Oriental, op. 48: I. Prélude II. Danses d'Almées”

 

 

Aldara Palmeiro

De Ninghures, “Olliños Negros”

 

 

Margarida Mariño

“Alcume”

 

 

Susanna Blanco

Son Trío, “Un día”

 

 

Elena Vázquez

Trilitrate, “Póutega”

 

 

 

Rosa Cedrón

“No seré yo”

 

 

Estela Rodríguez Carvalho

A banda da Loba, “Cruel filosofía”

 

 

Marina Carpente

Abril, “Frades”

 

 

María Jorge

CALDO, “Acorro”

 

 

Begoña Riobó

Riobó, “Retello Riobó”

 

 

ETIQUETAS

  noticias