• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Aparato

Aparato esperta nun mundo estraño que non é quen de entender.

O amor, a felicidade, a dor, a sorpresa, o desexo, o medo... Sentimentos, sensacións para as que Aparato non está programado. Pero a música xorde de xeito espontáneo e visceral e convértese no seu mecanismo para expresarse, para comunicarse.

Aparato é electrónica, synth-pop, melodic-bass, house, trip-hop, indie. O dúo de Santiago de Compostela formado por María Caramés (voz, theremín) e Chus Silva (produción musical) entrega unha hora de música non-stop, cun coidadísimo repertorio de composición propia agás unha versión a modo de tributo do “Don't Give Up” de Peter Gabriel.

Contratación

Chus Silva
626 491 236 - 630 731 511
aparatooficial@gmail.com

Discografía

The Storm Is Coming

APARATO

2018, AutoEdit

Vídeos

Magnetic Fields (VideoLyrics)

APARATO

Tal vez tamén che gusten