• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mr. Vieito

Mr. Vieito é un músico, produtor e DJ de Negreira. Leva máis de 20 anos vivindo da música con distintas formacións de todo tipo (jazz, rock, fusión, música de rúa, verbena), pero Mr. Vieito é o proxecto persoal onde crea música electrónica de diferentes estilos como EDM, electroswing e Lo-Fi. Unha característica que destaca na súa discografía é que todas as cancións están feitas por el mesmo, desde a composición e arranxos ata a mestura e o mastering.

Creou o primeiro disco de Lo-Fi galego: “Chove en Galicia”, composto por nove temas instrumentais inspirados na súa terra, nas paisaxes, nos momentos vendo chover pola fiestra... Hai verán e hai inverno, postas de sol, praias, ríos, pero tamén choiva e vento.

A música Lo-Fi provoca no oínte sensación de benestar; xeralmente este estilo de música soe ser beats de curta duración para ter de fondo mentres traballas ou estudas pero, neste caso, Mr. Vieito, namorado dese son, decidiu facer cancións con melodías recoñecibles e improvisación sobre elas influenciadas pola música jazz, que é unha das súas paixóns.

Contratación

Diego Vieito
676 248 258
diegovieito@hotmail.com

Discografía

Por Aqueles Tempos

MR. VIEITO

2024,

Chove en Galicia

MR. VIEITO, BOCI

2023,

Vídeos

Por Aqueles Tempos

MR. VIEITO, BOCI

Chove en Galicia

MR. VIEITO

Eu churrasco ó forno no como

MR. VIEITO

Tal vez tamén che gusten