CONXO somos María Pardo, Manuel Abraldes, Russ, Diego Miramontes e Lúa Aguete. Un grupo de pop electrónico en galego con influencias do funk e do jazz, nacido das inquedanzas musicais dos tres membros iniciais da formación: Manuel, María e Diego.As integrantes iniciais de CONXO coñecémonos cantando xuntas no Coro Encaixe. Tras varios anos compartindo referentes musicais vencellados ao pop, á electrónica, á escena techno e ballroom, arredor do ano 2020 comezamos a compoñer música propia, improvisando melodías e letras que dialogan coas nosas vivencias persoais e cos conflitos emocionais dunha xeración.Conxo é matraquillo electrónico cheo de fantasía, harmonías vocais e instrumentos. A nosa música fala dos dramas dunha xeración pero sacándolle a intensidade con ritmos bailables, cunha perspectiva queer e unha aposta decidida pola celebración e o exceso.No proxecto musical de CONXO, o proceso creativo da banda dialoga coa cultura ballroom, partindo do pop e das harmonías vocais como espazo emocional recoñecible. Ao trasladar este universo ao directo xorde a necesidade de incorporar unha linguaxe centrada no corpo e no movemento compartido, onde o techno e música electrónica aparecen como ferramenta estrutural que organiza a intensidade e a fisicidade do espectáculo. No directo, este pulso constante amplifica a performatividade, convertendo o escenario nun espazo ritual de tensión, liberación e expresión colectiva.
Contratación
Diego Vazquez Miramontes 600 319 515 conxoxnoc@gmail.com
