Banda de postpunk con base en Lérez (Pontevedra) formada por excompoñentes de coñecidas bandas do underground galego (Metralletas Lecheras, Lobishome). Cunha traxectoria de algo máis de catro anos, Travesti Afgano acumula unha discografía de catro referencias: dous EP en formato casete e dous LP en formato 12", “Jefes de Julais” (2015) e “Nos vale madre” (2017).O seu son é escuro, afiado, rápido e bailable; tocan máis rápido que case todas as bandas punk, pero non son punk. As súas bandas de cabeceira abranguen grupos tan dispares como The Fall ou Man or Astro-man. Nese amplísimo espectro sonoro podemos atoparnos con influencias de New Order, Toy Love, Pavement, Minor Threat, Blind Shake, Link Wray, Humbert Humbert, Inspiral Carpets, Happy Mondays, Gang of Four, The Adverts ou Country Teasers, sempre baixo unhas coordenadas punk en canto a formas e inmediatez compositiva.
Contratación
Camilo Fraga 670 550 218 cfcanosa@gmail.com