• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Intempériome

A BANDA DA LOBA

Primeiro sinxelo do EP "Hasme oír", que sairá á rúa a comezos de abril como homenaxe a Xela Arias, á que se lle dedican este ano as Letras Galegas.

"Intempériome" fala de deixar atrás o aprendido, os prexuízos e os estereotipos, e avanzar cara o auto-recoñecemento para sermos a persoa que queiramos ser. Os coidados e a liberdade... a base fundamental.

Letra: Xela Arias
Música: A banda da Loba
Ficha técnica:
- Audio: Arturo Vaquero (Estudios Abrigueiro)
- Vídeo: Seispés Producións Creativas
- Perruquería: Antonio Calvo
- Maquillaxe: María Freire
- Actrices: Julia, Carme, Marina, Bea e Lola

Letra da canción (combinación de cinco poemas do libro de Xela Arias "Intempériome" (2003):

Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.

Hasme oír, hasme oír:
agora busco que coxugues
ben o verbo dos posibles,
e que ti esquezas esa radio de cousas previas
amarrada sempre ós pensamentos,
sempre ós pensamentos.

Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.

Hasme oír, hasme oír: deixa
que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.

E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia
á procura
da froita
madura.

Vencerse é cousa
de se tratar.

* Este proxecto conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística como proxecto

Máis vídeos de A banda da Loba

Adondar a lingua

A BANDA DA LOBA

Fábrica de luz

A BANDA DA LOBA

Pepa

A BANDA DA LOBA

Tres segundos

A BANDA DA LOBA, CON CELIA PARRA

Anagnórise

A BANDA DA LOBA

Bailando as rúas

A BANDA DA LOBA