Vídeos
Ninety Miles
FERNANDO ABREU
"Ninety Miles" abrirá o primeiro traballo discográfico como autor de Fernando Abreu. Esta composición para clarinete e piano foi composta no verán austral de 2019 en Nova Zelandia durante a segunda estadía do autor nos antípodas. Inspirada na inmensidade da praia do mesmo nome situada no extremo norte do país na rexión de Northland.O vídeo montado por Gus Abreu recolle imaxes gravadas polo autor na mesma praia que cando a marea é baixa convértese nunha estrada para vehículos autorizados.Os interpretes de "Ninety Miles" son:Fernando Abreu: clarineteAlberto Vilas: piano
Máis vídeos de Fernando Abreu